982 430 001

Atención ciudadana

Actualización 3/9 – Información con respecto ás PCR realizadas na Pobra do Brollón

ACTUALIZACIÓN  3/9 Todas as probas PCR realizadas en persoas residentes na Pobra do Brollón dende a aparición hai 3 semanas de varios gromos de Covid-19 en concellos limítrofes, deron un reultado negativo. Neste tempo realizáronse preto de 60 PCR, aínda que unha parte importante destas débense a probas protocolarias pola incorporación ao traballo de profesionais de certos sectores como […]

A Xunta publica novas medidas de prevención fronte ao Covid-19

Ante o aumento de contaxios de Covid-19 en Galicia, a Xunta anunciou novas medidas de prevención que lembramos xa están en marcha. As medidas publicadas no DOG establecen unhas normas:  Prohibido fumar na vía pública ou en espazos ao aire libre se non se pode garantir a distancia de seguridade interpersoal (2 metros)  Pechan discotecas e […]

As persoas que cheguen a Galicia desde unha zona con alta incidencia epidemiolóxica terán que proporcionar os seus datos de contacto a Sanidade

PREME AQUÍ PARA VER A LISTA ACTUALIZADA DE PAÍSES E CCAA Todos os viaxeiros que cheguen a Galicia, tras permanecer dentro do período de 14 días anteriores á súa chegada en territorios que posúan unha incidencia epidemiolóxica 3’5 veces superior á de Galicia, deberán comunicar os seus datos de contacto ás autoridades sanitarias, independentemente de que […]

Suspéndese a Feira Guímara deste ano

Con motivo da situación sanitaria, o Concello da Pobra do Brollón viuse obrigado a suspender a edición deste ano da Feira Guímara. A feira medieval normalmente celébrase a segunda fin de semana de xullo, pero este ano non é posible. ‘É unha decisión que tomamos con moita tristura xa que somos conscientes da popularidade deste […]

Reintegrarase ao alumnado da Escola municipal de Música parte do pago da matrícula

O alumnado da Escola municipal de Música ‘Samoeiro’ poderá recibir a parte proporcional do pago das clases que se tiveron que suspender a causa do Covid-19. A Escola pechou o 13 de marzo, en canto se activou a situación de emerxencia sanitaria en Galicia. Os e as alumnas poderán pasar polas oficinas do Concello da Pobra do […]

Comeza a fase 3 con mobilidade entre provincias

A partir de hoxe, Galicia entra na fase 3 da desescalada. Un dos principais cambios é a mobilidade entre provincias, polo que as persoas residentes en Galicia poderán circular libremente por toda a Comunidade Autónoma. Outros cambios da fase 3 afectan sobre todo a comercios, locais de hostalaría e espazos e eventos culturais. Aquí resumimos algúns […]

Entramos na fase 2 da desescalada

Dende hoxe luns, Galicia entra na fase 2 da transición cara á ‘nova normalidade’. Aplícase durante ao menos dúas semanas unha serie de cambios con respecto á fase 1, e que resumimos a continuación: Permítense reunións sociais de ata 15 persoas. Isto aplícase tamén a deportes e paseos, sempre respectando as distancias e medidas de seguridade. […]