982 430 001

Atención ciudadana

Entrega gratuíta de composteiros para a veciñanza da Pobra do Brollón

A Casa da Cultura ‘Olga Novo’ da Pobra do Brollón acollerá, o vindeiro xoves 23 de maio, unha sesión formativa sobre compostaxe doméstica. Terá lugar ás 19:00 horas. Finalizará coa entrega do material necesario (manual de compostaxe, composteiro e aireador) para levar a cabo a reciclaxe dos residuos orgánicos. É un evento aberto a toda […]

Lanzamos unha campaña para fomentar a compostaxe doméstica

O Concello da Pobra do Brollón proporcionará, de balde, composteiros e asesoramento para que a veciñanza que dispón dun pequeno terreo, poida autoxestionar os residuos orgánicos que se producen no fogar. Os residuos orgánicos representan, aproximadamente, a metade dos residuos xerados nos fogares. A súa xestión supón un importante impacto, tanto a nivel económico como a nivel […]

Corenta casas participan no programa de compostaxe doméstica

Corenta veciños e veciñas da zona rural da Pobra do Brollón participan no programa de compostaxe doméstica municipal, desenvolto en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU. O programa, iniciado na anualidade 2022, contou con grande acollida […]

Continúa a difusión da campaña de compostaxe doméstica

O vindeiro venres, día 11 de novembro, de 10:30 a 13:30 h, habilitarase na Avda. de Galicia un posto informativo, atendido por monitores ambientais especialistas en xestión sostible dos residuos para que os veciños e veciñas do termo municipal se poidan informar e inscribir na campaña. Esta acción complementa á xa desenvolvida o 25 de […]

Nova campaña de compostaxe doméstica na Pobra do Brollón

O Concello da Pobra do Brollón colocará o vindeiro martes día 25 de outubro na Praza da Peza (ao carón da casa do concello), en horario de 11:00 a 13:00h, unha carpa informativa a fin de que os veciños e veciñas do termo municipal interesados en participar na campaña de compostaxe doméstica se poidan informar […]

Lanzamos unha campaña solidaria para fomentar a compostaxe comunitaria

A área de Medio Ambiente do Concello da Pobra do Brollón lanza unha campaña solidaria para fomentar a compostaxe comunitaria entre os veciñas e veciñas.  A idea é incentivar o uso das seis composteiras comunitarias que se atopan na Pobra do Brollón. “Cando se instalaron as composteiras en marzo de 2018 foron moi ben recibidas, pero […]