982 430 001

Atención ciudadana

Charla sobre o conflito palestino a cargo de Fayez Badawi o vindeiro luns 6

O vindeiro luns 6 ás 20:00 horas na Casa da Cultura ‘Olga Novo’, o Concello da Pobra do Brollón organiza xunto a Mar de Lumes unha charla de Fayez Badawi, unha voz privilexiada para explicar a situación actual de Palestina, a historia do conflito e o xenocidio en curso que é unha auténtica vergoña para […]

A Guimaralia máis Corresponsable: Programación para adultos

O programa A Guimaralia máis Corresponsable, ademais de actividades infantís para facilitar a conciliación familiar, tamén contempla actividades formativas e divulgativas para adultos. Abaixo incluímos a relación de actividades da programación para adultos. A primeira actividade prevista dá comezo a un ciclo de ‘charlas pola igualdade’ a cargo da formadora en igualdade, Carmen Abuín. A […]

Charla sobre os impactos da factoría de Altri o mércores 5 de xuño

O vindeiro mércores 5 de xuño ás 20:15, na Casa da Cultura ‘Olga Novo’ da Pobra do Brollón, terá lugar unha charla sobre os impactos ambientais da celulosa de ALTRI. A charla será a cargo de Ana F. Santamariña, vogal de Augas de ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza), e doutora en hidroloxía […]

A Pobra do Brollón acolle este mércores unha charla sobre o conflito palestino

O Concello da Pobra do Brollón organiza unha charla sobre o conflito entre Gaza e Israel, coincidindo co 15 de maio, aniversario da Nakba.  Co termo Nakba, “catástrofe” ou “desastre” en árabe, é coñecido o éxodo palestino de 1948 tras a expulsión forzada de máis 700.000 persoas, moitas das cales refuxiáronse en Gaza.  A charla […]

Charla sobre a toponimia da Pobra do Brollón o 10 de novembro

O programa Toponimízate chega á Pobra do Brollón para achegar ao público a orixe e significado dos topónimos do noso municipio. A charla será o venres 10 de novembro ás 19:30 na Casa da Cultura ‘Olga Novo’ e é aberta a toda a veciñanza.  Durante a charla, darase conta do significado dos nomes de parroquias e […]

Ciclo de charlas ‘Desenmascarando o Entroido’

O vindeiro venres, o antropólogo Rafa Quintía abre o ciclo Desenmascarando o Entroido coa súa charla “O Entroido en Galicia: Ritos, oficiantes e significados”. Será o 3 de febreiro ás 20:15 na Casa da Cultura ‘Olga Novo’, A Pobra do Brollón. A entrada é libre. As seguintes charlas serán a cargo do artesán X.M. Seixas, cunha exposición e conversa sobre […]

Sesión formativa sobre eficiencia enerxética este venres 13

Este venres 13 de 10:00 a 11.30 horas na Casa de Cultura ‘Olga Novo’, terá lugar unha sesión formativa con Naturgy sobre eficiencia enerxética. Trataranse os seguintes asuntos: Comprensión da factura da luz e gas, así como a súa optimización segundo as necesidades de cada familia. Pequenos cambios nas vivendas para obter un aforro enerxético (no caso […]

Charla sobre o proxecto ecolóxico de Tanquián este xoves 28

Este xoves 28 de abril terá lugar na Pobra do Brollón unha charla sobre Tanquián, un proxecto ecolóxico situado en Ferreira de Pantón.  O evento enmárcase nunha serie de charlas organizadas polo Concello da Pobra do Brollón para difundir propostas interesantes de arraigamento no rural. Tanquián orixinouse hai tres décadas da man dun inglés e […]

Pódese previr o dano cerebral?

O sábado 11 de setembro ás 18:00 terá lugar na Casa da Cultura ‘Olga Novo’ unha charla sobre prevención do dano cerebral adquirido.  Será impartida por Carla Miranda, traballadora social da Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE). Esta actividade informativa centrarase na prevención dos traumatismos cranioencefálicos provocados por accidentes de tráfico, golpes, contusións e caídas.  Tamén se […]