Una propuesta para el cancionero tradicional gallego con motivo del Día de la Biblioteca.

Este sábado 24 de outubro celebramos o Día da Biblioteca na Pobra do Brollón coa actividade Bibliocanta. Trátase dnha proposta para todos os públicos a partir de 3 anos na que nos achegaremos ao cancioneiro tradicional mediante a música e de xeito participativo. Será o sábado ás 19:00 horas na Casa da Cultura […]
Volve o Club de Lectura da Biblioteca ‘Antonio Reboiro’

Volve o Club de Lectura da Biblioteca municipal ‘Antonio Reboiro’. Neste novo curso, as lecturas achegarán clásicos da literatura universal aos e ás participantes. O Club xuntarase os martes ás 19:00, comezando no mes de outubro. No primeiro trimestre, o moderador Sergio Rodríguez propón unha viaxe pola cultura de Estados Unidos a través de relatos […]
Horarios de setembro das oficinas municipais e biblioteca

No mes de setembro, as oficinas municipais do Concello da Pobra do Brollón continúan co horario de verán. A atención ao público será de luns a venres de 9:00 a 13:30 horas. A Biblioteca municipal ‘Antonio Reboiro’ abre ao longo de setembro unicamente de mañá: de 10:30 a 13:30. Recordamos ademais que o Punto Limpo […]
As oficinas e a Biblioteca municipais pechan este venres 22 por Santa Rita

Infórmase de que as oficinas municipais e a Biblioteca do Concello da Pobra do Brollón permanecerán pechadas este venres 22 de maio con motivo da festivididade de Santa Rita, patroa dos funcionarios da Administración local.
Obradoiros de Nadal na Biblioteca Municipal

Abre o prazo para inscribirse nos obradoiros de Nadal na Biblioteca municipal ‘Antonio Reboiro’. Os obradoiros están dirixidos a nenas e nenos entre 4 e 12 anos. Terán lugar en horario de 10:30 a 13:30 os días 22, 23, 26, 29 e 30 de decembro e 2 de xaneiro. Hai un límite de prazas de […]
Certame de Poesía Infantil de Nadal: Bases

A Biblioteca Pública municipal ‘Antonio Reboiro’ convoca o Certame de Poesía Infantil ‘Nadal 2025’. Pode participar calquera nena ou neno, rapaza ou rapaz ata os 16 anos, habendo tres categorías: ata 8 anos, de 9 a 11 anos e de 12 a 16 anos. Os poemas deben estar escritos en galego e ocupar como máximo […]
Bota a andar un club de lectura na Biblioteca ‘Antonio Reboiro’

O luns 10 de novembro ás 19:00 horas terá lugar a primeira xuntanza do novo Club de Lectura da Biblioteca municipal ‘Antonio Reboiro’. O club de lectura estará moderado por Sergio Rodríguez González e está aberto a calquera persoa maior de 14 anos. A primeira proposta de lectura será La casa en Mango Street de Sandra Cisneros. […]
Celebramos o Día da Biblioteca con actividades para público infantil e adulto

O Concello da Pobra do Brollón celebra o Día da Biblioteca con dúas actividades para público adulto e infantil. O xoves 23 de outubro, Andrea Nunes Brións presentará, acompañada por Alba María e Olga Novo, o seu poemario Mapa da estría, lanzado en xuño deste ano coa editorial Chan da Pólvora. Nunes Brións, nada en […]
Yolanda Castaño ofrecerá un recital poético este sábado

Este sábado ás 18:30, Yolanda Castaño, Premio Nacional de Poesía 2023, ofrecerá un recital na Casa da Cultura ‘Olga Novo’ da Pobra do Brollón. Trátase dunha proposta novidosa ao apoiarse nas novas tecnoloxías, o son e a linguaxe audiovisual, que pretende conectar con todo tipo de públicos, máis ou menos versados no xénero poético. O […]
Aberto o prazo para participar no Certame de Poesía Infantil Nadal 2023

A Biblioteca Pública municipal ‘Antonio Reboiro’ convoca o Certame de Poesía Infantil ‘Nadal 2023’. Pode participar calquera nena ou neno, rapaza ou rapaz ata os 16 anos. O prazo de presentación remata o 22 de decembro, debendo ser entregados os poemas na Biblioteca municipal da Pobra do Brollón (Casa da Cultura ‘Olga Novo’, 2º andar). Os […]
