982 430 001

Atención ciudadana

Presentado o cartel da duodécima edición de As Cores do Outono

O venres 11 e sábado 12 de setembro chega unha nova edición do festival de música folk de referencia no sur de Lugo, As Cores do Outono, organizado polo Concello da Pobra do Brollón co apoio da área de cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. Este mediodía o alcalde Xosé Lois Maceda e os […]

O sábado 27 de setembro celébrase a XI edición de As Cores do Outono

O sábado 27 de setembro, celebramos na Pobra do Brollón a undécima edición do festival As Cores do Outono, organizado polo Concello co apoio económico da Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. Este ano o evento levará á área recreativa de Samugueiros tres propostas musicais moi potentes que mesturan tradición e innovación: […]

A undécima edición de As Cores do Outono terá lugar o sábado 27 de setembro

Presentouse este martes ao mediodía o cartel da edición número once do festival As Cores do Outono que se celebrará o sábado 27 de setembro. O evento é organizado polo Concello da Pobra do Brollón co apoio económico da Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. O alcalde Xosé Lois Maceda e a […]

O festival As Cores do Outono celebra a súa décima edición o 27 e 28 de setembro

Será toda unha homenaxe á historia recente da música galega A programación comeza venres cunha conversa-concerto con membros de Fuxan os Ventos O espectáculo ‘Ingrávida’ de Mercedes Peón encabeza o cartel do sábado, xunto con Maricarme e Xisco Feijoó O festival de música galega de raíz As Cores do Outono, unha iniciativa do Concello da […]

Xurxo Fernandes, Mondra e Abril na novena edición do festival As Cores do Outono

Celébrase do 22 ao 24 de setembro con música, teatro, circo e obradoiros  O Concello da Pobra do Brollón desvelou hoxe o cartel da edición 2023 de As Cores do Outono, festival de música galega de raíz de referencia no sur de Lugo. O festival está organizado polo Concello da Pobra do Brollón e conta con financiamento […]

A oitava edición de As Cores do Outono celebrarase o 24 e 25 de setembro

A cita organizada polo Concello da Pobra do Brollón celebra dende hai xa oito anos o inicio da estación outonal con propostas ligadas ás músicas de raíz galegas e unha programación totalmente de balde.  Este ano, o cartel está encabezado por tres formacións totalmente femininas: o dúo Caamaño&Ameixeiras – Premio Martín Códax da Música 2021 na categoría […]

En setembro tamén é verán na Guimaralia!

O venres 2 de setembro ás 20:30, a banda compostelán Hainas tocará temas de soul, funky, swing e r&b na parrillada O Fogón en Cereixa.  O seguinte venres 9 de setembro, tamén ás 20:30, estarán na Praza da Peza da Pobra do Brollón o grupo Carta de ajuste. Ofrecerán versións de grandes temas do pop-rock […]

A Pobra do Brollón volve tinguirse de As Cores do Outono

A fin de semana do 16 e 17 de outubro, celebrarase na Pobra do Brollón a sétima edición do festival As Cores do Outono. Será unha edición completa con diferentes eventos relacionadas coa poesía, o baile, o teatro, a maxia e por suposto, a música.  Tras a suspensión da cita o ano pasado por mor […]

Milladoiro será cabeza de cartel na sexta edición de ‘As Cores de Outono’

Ver o programa e info práctica aquí Onte presentouse o cartel dunha nova edición de As Cores de Outono, festival de música folk que se vén celebrando dende hai seis anos na Pobra do Brollón. Este ano o evento será o sábado 14 de setembro e está encabezado pola afamada agrupación de música tradicional, Milladoiro. […]