Se buscas aventura, lánzate á lectura e conseguirás unha correcta escritura. Así presentamos o Obradoiro para nenos que xa saben ler e escribir. Para máis información deben de chamar ao 982 430 546 ou dirixirse á biblioteca municipal. Xa os días 15 e 22 de febreiro en horario de 17.00 a 18.30 desenvolveranse na biblioteca municipal obradoiros de entroido para nenos. Os obradoiros serán de:
- Compadres e comadres
- Caretas
- Difraces
- Antefaces
Os días 21 e 28 de febrero celebrarase o IV Concurso de compadres e comadres nas modalidades de individual e colectivo (locais comerciais, colexios e asociacións do concello). As creacións para colectivos estarán colocadas nos lugares elexidos polos participantes; o xurado pasará ó longo da mañá para a súa valoración. As individuais concentraranse diante do Concello a partires das 18:30 para proceder a súa valoración e posterior queima. Para participar deberán anotarse na Biblioteca Municipal (982-430546) antes do 20 e 27 de febreiro respectivamente. Establécense dous premios por modalidade. O xurado valorará a orixinalidade, calidade e elaboración.
PREMIOS
- Individuais : 1º premio 50 €, Accésit 20 €
- Colectivos: 1º premio 100 €, Accésit 50 €
Námbolos dous xoves ao remate haberá chocolatada na Casa da Cultura.
O día 2 de marzo celebrarase o Desfile de disfraces, comparsas e carrozas, con saída do cruce da estrada de Saá a partir das 17.00 horas. Para participar hai que inscribirse na biblioteca antes do 1 de marzo, recollendo o número de participación, o sábado a partir das 16.00 horas. O Desfile contará co acompañamento da charanga “MIL 9”. A entrega de premios farase ao remate do Desfile na Casa da Cultura “Olga Novo”. No desfile establécense premios para os participantes do concello e os que veñen de fóra.
Os premios para os pertencentes ao concello son:
PREMIOS | CARROZAS | COMPARSAS DE 15 PERSOAS | COMPARSAS DE 5 A 14 PERSOAS | INDIVIDUAL DE 1 A 4 PERSOAS |
1º PREMIO | 175 € | 175 € | 100 € | 50 € |
2º PREMIO | 125 € | 125 € | 80 € | 40 € |
3º PREMIO | 75 € | 75 € | 50 € | 30 € |
4º PREMIO | ——————- | ——————— | —————— | 20 € |
5º PREMIO | ——————- | ———————- | —————— | 10 € |
Os premios para os non pertencentes ao concello son:
PREMIOS | CARROZAS | COMPARSAS DE 15 PERSOAS | COMPARSAS DE 5 A 14 PERSOAS |
1º PREMIO | 75 € | 75 € | 50 € |
2º PREMIO | 50 € | 50 € | 40 € |
3º PREMIO | 30 € | 30 € | 25 € |
4º PREMIO | ——————- | ——————— | —————— |
5º PREMIO | ——————- | ———————- | —————— |
- Cada unha das carrozas e comparsas de máis de 15 persoas, poderá nomear un representante para formar parte do xurado calificador.
- Todas a carrozas inscritas levarán un mínimo de 40 € sen perxuício do premio que acaden.
- Todas as comparsas de 15 ou máis persoas levarán un mínimo de 20 € sen prexuizo do premio que acaden..
- Os disfraces, comparsas e carrozas estarán cun mínimo de 20 minutos de antelación, sobre a hora da saída, no cruce da estrada de Saá.





