O Punto Limpo Móbil continúa o seu percorrido polas parroquias para axudar aos veciños e veciñas a reciclar e separar pequenos residuos contaminantes.
As próximas paradas para o mes de setembro son:
- Eixón: do 13 ao 15 de setembro
- Piño: do 16 ao 19 de setembro
- Óutara: do 20 ao 22 de setembro
- Canedo: do 23 ao 26 de setembro
- Pacios: do 27 ao 30 de setembro
Iranse comunicando as sucesivas paradas na web e redes sociais do Concello.
Os refugallos que se poden depositar no Punto Limpo Móbil son os seguintes:
- Pilas
- Medicamentos e os seus envases
- Lámpadas e tubos fluorescentes
- Aceite de cociña usado
- Envases baleiros de pinturas e/ou vernices
- Tóners e cartuchos de impresora
- Aerosois
Pregamos que se procure manter o Punto Limpo Móbil en boas condicións para que toda a comunidade do concello poida facer uso del.





