982 430 001

Atención ciudadana

Roteiro con Historia na Pobra do Brollón

Historia de Galicia organiza andainas guiadas con diferentes temáticas en distintos territorios da provincia de Lugo, co  obxectivo de concienciar do patrimonio, a cultura e a historia. Unha desas rutas ten como protagonista o municipio da Pobra do Brollón. A proposta leva por título “Polas terras irredentas de Lemos, a última gran batalla dos guerrilleiros en […]

Axudas para Máster Universitario en Galicia

A Consellería de Educación convoca axudas para a matrícula nun máster universitario oficial, destinadas a titulados/as universitarios/as en situación de desemprego, para o curso 2018/19. Requisitos: a) Estar en situación de desemprego na data de publicación desta orde. b) Ter rematados os estudos universitarios que lle dan acceso aos estudos do máster universitario con anterioridade […]

O concello da Pobra do Brollón conta cun albergue provisional solidario

ACTUALIZACIÓN 2020 Por mor da situación epidemiolóxica actual, o albergue estará pechado ata novo aviso. Poden consultar outras opcións de aloxamento no municipio neste enlace: http://www.concellodapobradobrollon.gal/gl/comer-e-durmir O concello da Pobra do Brollón segue desenvolvendo iniciativas para potenciar e dinamizar os recursos turísticos cos que conta. A última medida é a posta en marcha dun albergue para […]

Normas romaría San Vitoiro 2018

O 27 de agosto celébrase a tradicional romaría do San Vitoiro, unha das romarías máis tradicionais e atractivas do sur da provincia de Lugo. O escenario será a área recreativa do San Vitoiro na parroquia de Saa. Para garantir que todos gocen da festa e que a contorna se manteña en boas condicións, desde o concello fanse públicas unha normas […]

Xornada de confraternidade no Castro de San Lourenzo

O entorno do Castro de San Lourenzo acolle durante hoxe e mañá a celebración da Romaría de San Lourenzo. A cita aproveitouse para que o campo de traballo internacional que está desenvolvendo a súa actividade no castro recibira a visita dos rapaces do campo de traballo de Pantón. Á delegación pantonesa acompañábaa o seu rexedor […]

O equipo de goberno da Pobra do Brollón solicita á nova Subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, que se axilice a cesión ao Concello do Cuartel da Garda Civil.

O equipo de goberno da Pobra do Brollón ten moi claro como utilizar as instalacións do cuartel da Garda Civil. O obxectivo é converter o edificio nun centro multifuncional que acolla un albergue, un restaurante, zona de acampada interior, sala de exposicións e centro de artesanía e outros produtos locais para a venta ao público. O alcalde, […]

Servizo de recollida domiciliaria de mobles nas parroquias

Desde o concello estase  a desenvolver de balde un servizo de recollida domiciliaria de mobles nas parroquias. A recollida faise todos os xoves de agosto. Despois do pasado día 2, este xoves día 9 irase a Óutara, Canedo, Santalla de Rei, Veiga, Piño, Eixón, Fornelas, Cereixa. O xoves 16 de agosto visitarase Vilachá, Santiorxo, Guariz, Liñares, […]