O Punto Limpo Móbil continúa o seu percorrido polas parroquias

No mes de xaneiro e febreiro o punto limpo móbil continúa o seu percorrido polas parroquias da Pobra do Brollón: Os residuos que se poden depositar no punto limpo móbil son os seguintes: – Envases de aerosois (ambientadores, insecticidas, produtos limpeza, perfumería e cosmética, etc.) – Medicamentos caducados ou que xa non precises, e envases con restos de medicamentos – […]
Información de interese con respecto ao Covid-19

Na Pobra do Brollón afortunadamente seguimos sen contaxios por Covid-19. Na última semana, segundo datos do Centro de Saúde, realizáronse 18 PCR, todas con resultado negativo. De todos xeitos, non debemos baixar a garda. Para este mércores 6 de xaneiro, Día de Reis, lembra que segue vixente o toque de queda entre as 23:00 e […]
Bota a andar o obradoiro de emprego Brollón-O Incio-Bóveda

Esta semana inicia a súa actividade un obradoiro de emprego que comparten os municipios da Pobra do Brollón, O Incio e Bóveda. O novo taller dará ocupación a vinte alumnos-traballadores —sete do Incio, outros sete da Pobra do Brollón e seis de Bóveda—, ademais de dous profesores, un director e unha administrativa. Cando termine a actividade […]
O Concello adquire maquinaria para manter áreas rurais e zonas verdes

O Concello da Pobra do Brollón recibiu da Deputación de Lugo unha axuda de 57.000 euros para renovar a súa maquinaria de mantemento das áreas rurais e zonas verdes do municipio. Con este apoio, o Concello puido adquirir un tractor de segunda man, unha máquina rozadora e diversos aparellos de uso manual: sete rozadoras, tres motoserras, unha […]
O abastecemento municipal de augas xa ten as condicións hixiénico-sanitarias óptimas

O Concello da Pobra do Brollón solucionou o incidente que deixou a unha parte dos veciños e veciñas sen poder consumir a auga municipal durante cinco días. A auga do abastecemento municipal xa reúne as condicións sanitarias óptimas, tras solucionar un problema de subministro eléctrico dunha potabilizadora que clora a auga dunha decena de parroquias. […]
Información sobre os puntos de acopio de plásticos agrícolas

O Concello da Pobra do Brollón acondicionou os puntos de acopio de plásticos agrícolas de Lamaigrexa e Pacios: arranxouse o peche perimetral e púxoselle cadeado. O Concello daralle unha chave a cada un dos usuarios/as co fin de evitar o mal uso da instalación. Os traballos realizáronse grazas a unha subvención do Fondo de Compensación Ambiental da Vicepresidencia […]
Aviso importante sobre o abastecemento de auga municipal

Informamos aos/ás usuarios/as das poboacións de: Domiz, Tudriz, Lamaigrexa, Recemunde, O Pereiro, Vilar de Peras, Martul, Castroncelos, Piñeiros, Vilarmao, A Estación, Pinel, Cereixa, A Pobra do Brollón, O Brollón, Sto. Adrián, Fornelas, Eixón, Abrence e A Frieira; que debido a unha avaría no subministro de luz na potabilizadora, estamos a ter problemas para subministrar unha […]
En vigor as novas medidas restritivas da Xunta fronte ao COVID-19

A partir da medianoite de hoxe venres 4 xa están en vigor as medidas da Xunta de Galicia fronte ao COVID-19, que aplican limitacións á mobilidade e ás xuntanzas. No concello da Pobra do Brollón, pola baixa incidencia epidemiolóxica, aplícanse as medidas xerais, entre as cales, as reunións sociais seguen limitadas a 6 persoas e os aforos […]
Información sobre a entrevista para o Obradoiro dual de emprego “Brollón-O Incio-Bóveda”

Por motivos de organización, hai cambios na hora da entrevista para os candidatos da Pobra do Brollón que desexen participar como alumnos no obradoiro dual de emprego “Brollón-O Incio-Bóveda”. A data da entrevista e presentación de méritos será o 9/12/2020 ás 16:00 no Concello do Incio (Praza de España nº 1, 27346 O Incio). Os candidatos deberán ir […]
Percorrido do Punto Limpo Móbil en decembro

No mes de decembro o punto limpo móbil estará nas seguintes parroquias da Pobra do Brollón: Os residuos que se poden depositar no punto limpo móbil son os seguintes: – Envases de aerosois (ambientadores, insecticidas, produtos limpeza, perfumería e cosmética, etc.) – Medicamentos caducados ou que xa non precises, e envases con restos de medicamentos – Aceite usado […]
