982 430 001

Atención ciudadana

Un torneo de picadiscos inaugura a programación de lecer nas terrazas guímaras

Este domingo celebrouse na Pobra do Brollón a primeira semifinal da iniciativa ‘Pratos e Discos’, inaugurando o plan municipal de dinamización da hostalería que se estenderá ao longo do verán. A Cantina de Julia (Salcedo) foi o bar no que tocou a primeira rolda de semifinais de ‘Pratos e Discos’, unha iniciativa xurdida o verán pasado na […]

O deterioro da estrada entre A Pobra do Brollón e O Incio lévase ao Parlamento

O mal estado da estrada autonómica LU-653 que une A Pobra do Brollón e O Hospital do Incio será levado ao Parlamento de Galicia. O asfalto da estrada está moi deteriorado, afectando a comunicación dunha decena de parroquias e 750 habitantes.  O goberno da Pobra do Brollón e o grupo parlamentario do BNG presentaron ó […]

Resumo das medidas a partir do remate do estado de alarma

Esta medianoite do sábado ao domingo remata o estado de alarma e xa non hai toque de queda. Na imaxe que compartimos abaixo atoparedes un resumo das medidas que entran en vigor en Galicia a partir do 9 de maio para facer fronte ao Covid-19.  A Pobra do Brollón está actualmente no nivel máis baixo de restricións. En todo caso, […]

Parada dos Montes acollerá un obradoiro sobre gobernanza cooperativa nas CCMM

O 24 de maio comeza na Pobra do Brollón o obradoiro gratuíto “Gobernanza Cooperativa nas Comunidades de Montes Veciñais“, que tratará modos de extraer maior rendemento a estas superficies e mellorar a súa xestión O obradoiro, organizado pola Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA), terá lugar en horario de tarde do 24 ao 28 de maio na Casa […]

Aberto o prazo para que os establecementos se adhiran ao Bono Impulso da Deputación

O programa Bono Impulso da Deputación de Lugo destínase ao fomento do consumo en establecementos comerciais e de hostalería (incluídos servizos de aloxamento), desenvolvidos por persoas empresarias autónomas, microempresas e pequenas empresas da Provincia de Lugo.  En total a Deputación de Lugo subvencionará 17.000 bonos para o consumo nos establecementos adheridos á campaña, a través dun bono de carácter […]

A Pobra do Brollón baixa ao nivel de restrición básica a partir deste venres 23

Segundo os datos recibidos hoxe xoves 22 do Centro de Saúde da Pobra do Brollón, actualmente hai 0 casos activos por Covid-19 no municipio da Pobra do Brollón.  Grazas á redución da incidencia no noso municipio, a partir de mañá venres 23 A Pobra do Brollón estará no nivel de restrición baixa, segundo anunciou a Xunta. […]

A Pobra do Brollón baixa ao nivel de restrición media a partir do venres

Trala xuntanza mantida onte de comité clínico, a Xunta anunciou que o concello da Pobra do Brollón baixa a partir deste venres 16 ao nivel medio de restricións.  Mantemos a mobilidade coa maioría dos concellos de Galicia (excepto os que están en nivel de restrición máxima). Ademais poderá abrir a hostalería cunha ocupación do 30% no interior e 50% en […]