982 430 001

Atención ciudadana

Convenio con Deputación para pavimentar a pista polideportiva de Samugueiros

O Concello da Pobra do Brollón acorda un convenio de cooperación coa Área de Deportes da Deputación de Lugo para a pavimentación da pista polideportiva do parque de Samugueiros. “O arranxo da pista mellorará as infraestruturas municipais que inciden no benestar da nosa veciñanza,” declara o alcalde Xosé Lois Maceda. “Esta actuación inclúese nas medidas […]

Bando sobre a xestión de biomasa

O Concello quere lembrar a toda a veciñanza a importancia de respectar as distancias das plantacións e manter o monte limpo para previr incendios forestais.  A Lei de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais en Galicia establece que as persoas titulares/propietarias de solares y parcelas deben xestionar a biomasa antes de que remate o mes […]

Horario de atención das Oficinas de Servizos Sociais

As oficinas de Servizos Sociais teñen un novo horario provisional de atención ao público: De luns a xoves de 9:30 a 14:00 h Os xoves de 16:00 a 19:30 Venres pechado É necesario pedir cita previa no teléfono 982 430 447. Servizos Sociais están situados no primeiro andar da Casa da Cultura ‘Olga Novo’ (Rúa Samoeiro, […]

Charla informativa sobre a ordenanza dos furanchos

O próximo mércores 23 de febreiro terá lugar unha reunión informativa sobre a nova ordenanza municipal que permite o establecemento de furanchos na Pobra do Brollón. A charla será ás 20:15 na Casa da Cultura ‘Olga Novo’. A reunión está aberta a todos os veciños e veciñas. O obxectivo é informar e resolver calquera dúbida ao respecto da […]

Aberto o prazo para inscribirse nas clases de ximnasia

En marzo comezarán a impartirse clases de ximnasia para adultos na Pobra do Brollón. As clases serán dous días á semana en horario de tarde, no Pavillón Municipal. Están dirixidas a adultos de tódalas idades. O prezo son 10 euros mensuais. As persoas interesadas deberán inscribirse previamente no teléfono 982 430 447 ou presencialmente nas oficinas […]

Comunicado en relación ao convenio con Agader para a realización dun albergue

ANTECEDENTES O pasado 10 de xullo de 2020 asinouse un convenio oficial entre o Concello da Pobra do Brollón e Agader para a realización dun albergue.  Mediante este convenio, o Concello da Pobra do Brollón comprometíase á adquisición do solar e edificio a rehabilitar e Agader comprometía un orzamento de 182.137 euros destinados á rehabilitación […]

Mellora da rede municipal de abastecemento de auga potable

Mellora da rede de abastecemento municipal de auga potable nos depósitos de O Castro, Domiz, Piñeiros e San Pedro, financiados con fondos propios municipais e coa subvención de Augas de Galicia mediante fondos FEDER da Unión Europea.  Os orzamentos foron destinados  á execución das obras, que consistiron na implantación nos citados depósitos dun sistema (cos seus correspondentes equipos) […]

En vigor unha nova ordenanza para a creación de furanchos na Pobra do Brollón

Dende o primeiro día deste mes de xaneiro, está en vigor unha ordenanza para regular a apertura de furanchos no municipio da Pobra do Brollón.  Os furanchos son establecementos para a venta de excedente de viño e a súa apertura está regulada por unha lei autonómica que impón unha serie de condicións. Ademais desta lei […]

Resoltos os Certames de Poesía e Postais de Nadal

Os Certames infantís de Poesía e Postais de Nadal que organiza a Biblioteca municipal da Pobra do Brollón xa están resoltos. Tras a deliberación do xurado o martes 4 de xaneiro, xa podemos anunciar as obras gañadoras de ambos concursos. Os nenos e nenas gañadores serán obsequiados cun premio. Consulta a relación de gañadores do Certame de […]