Déixate Guiar 2022

Ofrecemos na Pobra do Brollón cinco visitas guiadas diferentes na tempada de verán 2022: Penas do Castelo, Cova das Choias, Os Conventos, Adegas de Vilachá e Castro de San Lourenzo As visitas ofrécense dende o 3 de agosto ao 15 de setembro baixo demanda de mércores a domingo ás 11:00. Grupo mínimo 5 persoas. Para a visita a Cova das Choias, hai un máximo de 10 persoas por […]
Bando sobre o consumo de auga

Tendo en conta a época estival na que nos atopamos e ante a previsión de escaseza de auga pola seca, en aplicación do disposto na Ordenanza Fiscal nº 2.07ª reguladora da taxa polo subministro de auga, dende o Concello da Pobra do Brollón faise saber que non se poderá facer uso da auga procedente da subministración municipal para: […]
Mercado Circular do 25 de xullo

O luns 25 de xullo, día de feira na Pobra do Brollón e festivo en Galicia, teremos novo Mercado Circular. Haberá animación musical e postos de petiscos e viño. Esta iniciativa busca apoiar o consumo local con produtos sostibles de veciños e veciñas. Os días 11 e 25, días de feira na Pobra, móntanse na céntrica Praza […]
Noite de lúa chea nas adegas de Vilachá este mércores

A iniciativa ‘El Camino Creativo – Xacobeo 21.22 Emprende’ organiza para este mércores 13 unha noite de lendas, poesía e música no conxunto de adegas medievais de Vilachá de Salvadur. A partir das 22:30 e baixo a lúa chea haberá poesía a cargo de Iago López Enríquez, música cos gaiteiros Javier Franco e Nadia Vázquez, […]
Excursión a AquaPark Cerceda

O Concello da Pobra do Brollón organiza unha excursión a AquaPark Cerceda para este mércores 13. Detalles no cartel que incluímos abaixo. Para anotarse hai que chamar ao teléfono 982 430 546 ou 982 430 447 Lembra levar: Tarxeta sanitaria ou fotocopia Máscara para o bus Roupa de baño e crema solar Podes levar a comida […]
O novo Mercado Circular fomenta o consumo local e sostible

O Mercado Circular é unha nova iniciativa do Concello da Pobra do Brollón para apoiar a economía local, xusta e sostible. Ponse en marcha en xuño coincidindo coas dúas feiras do 11 e do 25, que este mes caen en sábado. A proposta está aberta a calquera persoa que queira vender algo da súa propia […]
Proxecto Ilumin@

“Unha maneira de facer Europa” Cofinanciado nun 80% polo FEDER PROXECTO ILUMIN@: Actuación cofinanciada nun 80% polo Programa de Subvencións para proxectos singulares de entidades locais que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono no marco do Programa operativo FEDER de crecemento sostible 2014-2020, asumindo o restante 20% a Deputación de Lugo con fondos propios. […]
Paradas do Punto Limpo Móbil en xuño

O Punto Limpo Móbil continúa o seu percorrido polas parroquias da Pobra do Brollón para facilitarlles aos veciños a reciclaxe e depósito seguro de pequenos residuos contaminantes. No mes de xuño parará en Eixón, Piño, Óutara, Canedo, Pacios de Veiga, Veiga, Santalla de Rei e A Ferreirúa. Os residuos que se poden depositar no punto limpo móbil son os seguintes: […]
Bando sobre o consumo responsable de auga

Coa chegada da época estival e ante a previsión de escaseza de auga pola falta de choiva rexistrada nos últimos meses, dende o concello, recoméndase un CONSUMO DE AUGA RESPONSABLE co fin de intensificar o aforro do subministro en usos e destinos non prioritarios como regar xardíns, encher piscinas e similares, para axudar a garantir […]
A unidade móbil de doazón de sangue estará na Pobra o luns 30

A Unidade Móbil de doazón de sangue estará na Pobra do Brollón o luns 30 de maio. Estacionarase de 16:00 a 18:30 fronte ao cuartel da Garda Civil. Se tes máis de 18 anos e pesas máis de 50 kg, achégate pola Unidade Móbil. Só precisas 10 minutos da túa vida para salvar a doutros. […]
