982 430 001

Atención ciudadana

Plan Único de cooperación cos concellos 2023

O Concello da Pobra do Brollón participa no Plan único de cooperación cos concellos para o ano 2023, consonte ás bases aprobadas pola Deputación de Lugo.  A cantidade asignada ao municipio con cargo a este plan repartiuse entre investimentos, programas de Servizo de Axuda no Fogar, reforzo de emprego, actividades culturais, promoción turística local, e administración electrónica e protección de datos, […]

Corenta casas participan no programa de compostaxe doméstica

Corenta veciños e veciñas da zona rural da Pobra do Brollón participan no programa de compostaxe doméstica municipal, desenvolto en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU. O programa, iniciado na anualidade 2022, contou con grande acollida […]

Mellora da accesibilidade da Casa do Concello

Melloramos a accesibilidade da Casa do Concello da Pobra do Brollón. Vaise dotar á Casa Consistorial dun ascensor de baixa velocidade adaptado para persoas con mobilidade reducida, para permitir a accesibilidade universal do edificio. O ascensor conectará a planta baixa do Concello coas oficinas municipais, situadas na primeira planta. Ata agora, a falta de medios necesarios para […]

Bando sobre a xestión da biomasa

En cumprimento da Lei 3/2007, de 9 de abril, de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais en Galicia, da Xunta de Galicia, o concello quere lembrar a toda a veciñanza a importancia de respectar as distancias das plantacións, manter o monte limpo e facernos responsables das nosas propiedades.  A mencionada Lei establece no seu artigo […]

O Punto Limpo Móbil comeza un novo percorrido polas parroquias

O Concello da Pobra do Brollón, no seu propósito de respecto polo medio ambiente a partir dunha mellor xestión dos residuos xerados nos fogares, pon a disposición de toda a veciñanza un Punto Limpo Móbil que comezará o seu percorrido polas parroquias o luns 17 de abril. No Punto Limpo Móbil pódense depositar determinados refugallos para a súa […]

O sábado 22 de abril terá lugar unha nova Xornada Guerrilleira

O sábado 22 de abril, unha nova Xornada Guerrilleira celebrarase entre a Casa dos Amaro en Repil e a Casa da Cultura ‘Olga Novo’, A Pobra do Brollón. Entre a programación, haberá unha homenaxe aos héroes e heroínas da batalla de Repil, que se produciu o 20 de abril de 1949, a cargo de Xurxo Ayán e […]

A XIII edición da Xuntanza de Veciñas e Veciños será o 30 de abril

Tras varios anos de parón por mor da crise sanitaria,  temos o pracer de comunicarlle que volveremos reunirnos na XIII Xuntanza de Veciñas e Veciños da Pobra do Brollón, que terá lugar o vindeiro domingo 30 de abril de 2023 no Pavillón municipal. Con esta xuntanza propoñemos pasar un día de lecer e convivencia en compañía dos nosos veciños e veciñas guímaros. […]

Curso de seguridade no fogar o 18 de abril na Casa da Cultura

O martes 18 de abril, terá lugar un curso de seguridade no fogar na Casa da Cultura da Pobra do Brollón. Trátase dunha actividade da Escola Galega de Saúde para Cidadáns, dependente do Sergas. O horario será de 17:00 a 21:00, e está dirixido a pacientes, familiares e cidadanía en xeral. No cartel abaixo hai máis detalles […]

Servizo de recollida domiciliaria de residuos a partir do 13 de abril

O Concello da Pobra do Brollón levará a cabo, de xeito escalonado, un servizo extraordinario e gratuíto de recollida domiciliaria de residuos polas parroquias.  Este servizo comezará no mes de abril do 2023 nas datas que se detallan abaixo. Para solicitar a recollida deben chamar ao teléfono 982 430 001 de luns a venres de 9:00 a 13:00, indicando […]