982 430 001

Atención ciudadana

Cerca de dous mil pinchos vendidos no XV Concurso de Tapas da Guimaralia

O XV Concurso de Tapas da Guimaralia que tivo lugar do 29 de novembro ao 5 de decembro, rematou con cerca de 2.000 pinchos vendidos entre os seis locais participantes na Pobra do Brollón, Salcedo e Cereixa. As tapas gañadoras establécense por votación popular. Recolléronse 205 tarxetas de votación válidas, é dicir, seladas polos seis […]

Ampliación do saneamento da aldea modelo de Parada dos Montes

Agader concedeu ao Concello da Pobra do Brollón unha subvención para o proxecto solicitado ao abeiro da Resolución do 19 de decembro de 2023, pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para proxectos de creación, mellora e ampliación de servizos básicos locais en aldeas modelo, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desarrollo Rural […]

O equipo de axentes ambientais suspende a atención ao público ata novo aviso

Informamos de que, por motivos de carga de traballo, o equipo de axentes ambientais do Distrito VIII-Terra de Lemos vese na obriga de suspender ata novo aviso o servizo de atención ao público que ata agora estaba a ofrecer os mércores no Concello da Pobra do Brollón.   Para calquera consulta, o teléfono de contacto da […]

Comeza este venres o XV Concurso de Tapas da Pobra do Brollón

Este venres 29 de novembro comeza na Pobra do Brollón a edición XV do Concurso de Tapas da Guimaralia. Ata o día 5 de decembro poderanse probar as propostas dos seis bares participantes e entrar nun sorteo votando pola tapa favorita. Catro locais participan na propia Pobra do Brollón: Avenida, A Vella Taberna, Primeiro de […]

Manifesto polo Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres

O 25N, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, é unha cita histórica e colectiva na que participa, por suposto, o Concello da Pobra do Brollón, para lembrar a nosa responsabilidade e actuar como motor de cambio e transformación cara a unha sociedade máis xusta, libre de violencias machistas, libre de todo […]

Publicadas as bases de selección para o Obradoiro dual de Emprego 2024-2025

Informamos de que xa están publicadas as bases de selección para o Obradoiro dual de Emprego ‘Bóveda, O Incio e A Pobra do Brollón’ 2024-2025. Pódense consultar na Sede Electrónica do Concello ou nas oficinas municipais (Avenida de Galicia 50, A Pobra do Brollón). Recordamos que as persoas interesadas en participar, ademais de estar inscritas […]

Dispoñemos dun punto de recollida de artigos para as persoas afectadas pola DANA

Dende o Concello da Pobra do Brollón colaboramos coa Federación Valenciana de Municipios e Provincias para axudar as persoas afectadas pola catástrofe da DANA.   Poñemos un punto de recollida de auga, leite, alimentos non perecedoiros, artigos de limpeza persoal, guantes, mascarillas, mantas, produtos de hixiene feminina e produtos de alimentación para bebés, que serán […]

Os Plenos municipais poderanse seguir en vídeo en directo

A cidadanía xa pode seguir en directo os Plenos municipais do Concello da Pobra do Brollón. Hoxe xoves 10 de outubro ás 12:00 terá lugar o primeiro Pleno a emitir en directo. As gravacións dos Plenos estarán dispoñibles para a súa consulta en calquera momento a través da mediateca. Esta iniciativa é unha aposta pola […]