ABERTO O PRAZO DE MATRÍCULA PARA A ESCOLA DE MÚSICA

A Escola de Música Samoeiro oferta para o curso 2018-2019 as seguintes materias: Acordeón Coro Iniciación Musical, música e movemento e linguaxe musical para nenos Gaita Percusión tradicional Piano Frauta (de pico, traveseira, frautín e requinta) Baile rexional Formación vocal orientada á participación do seus alumnos no coro da escola Para formalizar a matrícula deben […]
Cita coa música e a cultura

O concello da Pobra do Brollón organiza a V edición do festival de música tradicional “As cores do outono”. A cita será o sábado 22 de setembro. A partir das 16.00 h. haberá Faladoiro con Bieito Romero, fundador de Luar na Lubre, será na Casa da Cultura “Olga Novo” e a partir das 19.30 h. haberá actuación […]
V Feira Medieval Guímara

O concello da Pobra do Brollón celebra este sábado, 7 de xullo, a V edición da Feira Medieval Guímara. Acto en lembranza da revolta desenvolta pol@s veciñ@s da Pobra contra o Conde de Lemos cando quixo cobrar impostos a este territorio, sen ningún tipo de dereito sobre el. Cóntase que os homes e mulleres de Brollón […]
A Pobra do Brollón presenta unha nova estratexia turística cunha oferta de cinco tipos de visitas guiadas

Tras do éxito da campaña de visitas guiadas ao Castro de San Lourenzo do verán pasado –12 persoas de media diaria– para este ano, o Concello decide manter as visitas ao castro e ampliar a oferta incluíndo outros elementos de interese do Concello. A oferta pretende ser o máis diversa posible, chegar aos principais puntos […]
Un mes de agosto de teatro e maxia

O concello da Pobra do Brollón xestionou formar parte do programa Cultura no Camiño. Esto supón que @s veciñ@s e a mocidade do concello terán catro actividades de maxia e teatro. Todas as actuacións desenvolveranse na área recreativa Samugueiros. A primeira cita será o 9 de agosto con Creacións máxicas e audiovisuais co espectáculo de […]
Festival das Letras Galegas

O concello da Pobra do Brollón organiza o día 19 de maio o “Festival das Letras Galegas” que este 17 de maio se lle adica a María Victoria Moreno Márquez, autora de literatura galega para xente nova, que foi máis aló coa reflexión que fixo sobre a súa experiencia co cancro, no ensaio Diario da luz […]
Obradoiro de construción dun pandeiro cadrado

O Concello e a Escola de Música do Concello da Pobra do Brollón organizan un obradoiro de construción dun pandeiro cadrado. A actividade desenvolverase o día 15 de abril na Casa da Cultura en horario de 16.00 a 20.00 h. Para participar é necesario inscribirse na biblioteca do concello ou chamando ao 982 43 00 […]
5º Festival de corais

O Concello da Pobra do Brollón organiza o V Festival de Corais. A cita será o sábado 21 de abril ás 18.00 h. na igrexa parroquial. Actuarán: Coral Municipal de Bóveda, Coral Polifónica de Sarria e a coral anfitriona, a Coral Polifónica “Samoeiro” da Pobra. Citas para non faltar!!
O día 5 de abril celebrarase o Festival do Brindo

Desde a concellaría de cultura do concello da Pobra do Brollón séguense desenvolvendo iniciativas encamiñadas a recuperar a nosa tradición oral na forma dos brindos, moi arraigados nesta zona. Recentemente celebrábase un obradoiro de brindos para @s alumn@s de 5º e 6º de primaria do colexio e a próxima cita será o “Festival do Brindo”, […]
A Canción do Sol na biblioteca este xoves

Este xoves, día 22, a partires das 11.00 da mañá a biblioteca da Pobra acolle unha interesante iniciativa para todos os públicos: Contacontos e obradoiro baixo o título “A Canción do Sol”. Non faltedes, celebraremos unha mañá diferente.
