982 430 001

Atención ciudadana

‘Maxia pola igualdade’ co mago Javier Muro este venres 18

O venres 18 de outubro a biblioteca municipal acollerá unha actuación do mago Javier Muro, dentro do programa ‘Ler Conta Moito’ da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia. O espectáculo infantil ‘Maxia pola igualdade’ busca concienciar na igualdade entre homes e mulleres e a non violencia na sociedade. De xeito ameno, trataranse temas como as […]

Comeza o ciclo de Foliadas Guímaras

Este venres 11 chega a primeira dun ciclo de foliadas organizado polo Concello da Pobra do Brollón e a Escola municipal de Música ‘Samoeiro’ en colaboración coas diferentes asociacións veciñais do Concello. A primeira Foliada Guímara será o venres a partir das 21:00h na parroquia de Salcedo, concretamente na Casa da Escola. Haberá bebidas e […]

Todo en marcha para a Romaría de San Vitoiro

Ver programa ao completo A popular Romaría de San Vitoiro celébrase os días 27 e 28 de agosto na parroquia guímara de Saa. Desenvólvese arredor da capela no lugar de San Vitoiro, un recuncho de excepcional beleza natural, xunto ao río Lebrón e aos pés dos penedos onde está sito un impresionante miradoiro.  O martes […]

Milladoiro será cabeza de cartel na sexta edición de ‘As Cores de Outono’

Ver o programa e info práctica aquí Onte presentouse o cartel dunha nova edición de As Cores de Outono, festival de música folk que se vén celebrando dende hai seis anos na Pobra do Brollón. Este ano o evento será o sábado 14 de setembro e está encabezado pola afamada agrupación de música tradicional, Milladoiro. […]

Charla e proxección fotográfica sobre persoas refuxiadas

O sábado 17 de agosto estará na Casa da Cultura o artista e defensor dos dereitos humanos, Mohamed Said Hamdad. Ofrecerá unha charla e proxección fotográfica baixo o título ‘Papeles mojados’. O evento comeza ás 20:00 h. Mohamed Said é militante de Amnistía Internacional en España e Alxeria, e mediador intercultural con SOS Racismo Galicia. A […]

Chega a IV Romaría de San Lourenzo o sábado 10 en Cereixa

Mirar o programa aquí O día de San Lourenzo, o sábado 10 de agosto, a Asociación de Veciños ‘María Castaña’, coa colaboración do Concello da Pobra do Brollón, organiza unha romaría con máis de 12 horas repletas de música e festa no Castro de San Lourenzo, Cereixa. Foron os veciños de Cereixa os que se […]

A Casa da Cultura acolle unha exposición sobre esgrafiados na Ribeira Sacra

Os esgrafiados son ornamentacións murais realizadas sobre morteiros en cal e area, con gran variedade de formas (frores, peixes, paxaros, motivos xeométricos, etc.). É unha técnica que se dá en moitos sitios de Galicia, a Península Ibérica e mesmo Europa, aínda que na Ribeira Sacra hai unha concentración especialmente rica. A partir do xoves, poderemos coñecer […]

Pases de cine solidario con ‘La Niña Bonita’ e ‘El Loco del desierto’

Este sábado 3 de agosto comeza un ciclo solidario coa proxección da curta documental La Niña Bonita. A entrada ten un custe de 2€ que serán destinados integramente a Acnur, a axencia da ONU para os refuxiados. Este documental relata en media hora a historia de dúas nenas que aos 15 anos deixaron de ser nenas para convertirse en […]

Cine de verán co ciclo ‘O Camiño na gran pantalla’

‘O Camiño na Gran Pantalla’ é un ciclo de cine que terá lugar todos os xoves de agosto na área recreativa de Samugueiros, no centro da Pobra do Brollón. O ciclo comeza o xoves 1 con O Apóstolo, unha película de animación stop motiondirixida por Fernando Cotizo, gañadora de 6 premios Mestre Mateo e unha ducia de […]

Xurxo Souto inaugura o ciclo de concertos ‘Cos pés na terraza’

Este verán na Pobra do Brollón, co ciclo ‘Cos pés na terraza’, os mércores van ser moi musicais. A actuación do artista polifacético Xurxo Souto é a primeira do ciclo de concertos. Será o mércores 31 de xullo ás 21:00 horas na terraza do restaurante O Fogón, en Cereixa.  O músico e escritor da Coruña […]