982 430 001

Atención ciudadana

General

Actualizada a lista de lugares do rexistro obrigatorio de viaxeiros que entran en Galicia

As persoas, sexan residentes en Galicia ou non, que proveñan ou estiveran nos últimos catorce días en territorios de alta incidencia epidemiolóxica por COVID-19, teñen a obriga de informar da súa chegada a Galicia. 

A comunicación faise a través do formulario que está na web do Sergas.

Deben facelo nun prazo máximo de 24 horas dende a súa chegada á Comunidade Autónoma de Galicia, independentemente de que presenten ou non síntomas compatibles coa COVID-19.

Neste momento, segundo o publicado o 23 de marzo no DOG, considéranse territorios de alta incidencia os seguintes: 

  • Nas comunidades autónomas e cidades autónomas de España: Asturias, Cataluña, Ceuta, Madrid, Melilla​ e País Vasco.
  • En calquera dos países do continente africano.
  • Nos seguintes territorios do continente americano: Aruba, Ecuador, Estados Unidos, O Salvador, Guatemala, Honduras, Paraguai, Venezuela, Haití, Xamaica, Nicaragua, República Dominicana, O Salvador, Porto Rico e Santa Lucía, Antiga e Barbuda, Arxentina, Bonaire, Brasil, Chile, Panamá, Perú, Uruguai, Curaçao.​
  • Nos seguintes territorios de Asia: Bangladesh, Bahrei, Emiratos Árabes, India, Irán, Israel, Iraq, Kazakstán, Kirguistán, Líbano, Maldivas, Omán, Palestina, Filipinas, Afganistán, Bután, Brunei, Camboxa, Indonesia, Laos, Mongolia, Myanmar, Nepal, Paquistán, Siria, Tailandia e Iemen, Kuwait, Qatar, Xordania​.
  • Nos seguintes territorios de Europa: Acerbaixán, Albania, Andorra, Eslovenia, Eslovaquia, Estonia, Francia, Kosovo, Latvia, Luxemburgo, Malta, Mónaco, Montenegro, República Checa, San Mariño, Serbia e Suecia, Austria, Bélxica, Bosnia-Hercegovina, Bulgaria, Chipre, Grecia, Holanda, Hungría, Italia, Macedonia do Norte, Moldavia, Polonia, Romanía, Suíza, Turquía, Ucraína, Alemaña, Armenia, Craocia, Dinamarca, Finlandia, Illa de Man, Liechtenstein, Noruega​.​

Para máis información, así como consultas sobre persoas en tránsito continuado e outros supostos, poden consultar a web do Sergas.