982 430 001

Atención ciudadana

General

Abertas as inscricións nas Tardes de Ludoteca

En outubro comezan as Tardes de Ludoteca, unha iniciativa da oficina de Servizos Sociais do Concello da Pobra do Brollón para facilitar ás familias a conciliación laboal e familiar nas horas posteriores á saída do colexio.
 
As Tardes de Ludoteca terán lugar nas aulas da Escola de Música municipal, en horario de 15:45 a 17:15. 
 
Os luns, mércores e xoves, ofrécense tardes de lecer educativo para a cativada de 3 a 12 anos. Os martes, haberá apoio socio-educativo. A inscrición na actividade de apoio será valorada polo equipo de Servizos Sociais en colaboración co colexio, en función das necesidades dos nenos e nenas.
 
Para máis información e inscricións, é preciso contactar coas oficinas de Servizos Sociais, situadas na Casa da Cultura ‘Olga Novo’, 1º andar. O teléfono de contacto é 982430447 ou 609004451, e o enderezo de correo electrónico, educacionfamiliar@concellodapobradobrollon.gal
 
Estas actividades están cofinanciadas pola Xunta e polo Ministerio de Igualdade (Goberno de España), no marco do Plan Corresponsables.