Unha nova edición do Campo de Voluntariado do Castro de San Lourenzo terá lugar do 1 ao 12 de agosto

Volve un ano máis o campo de voluntariado do Castro e Romaría de San Lourenzo, do 1 ao 12 de agosto 2025, financiado pola Xunta de Galicia coa colaboración do Concello da Pobra do Brollón. As persoas participantes apoiarán os traballos arqueolóxicos no castro de San Lourenzo, parroquia de Cereixa, e a organización da Romaría […]
Comeza o cuarto campo de voluntariado no Castro de San Lourenzo

O equipo de arqueólogos que está a escavar o Castro de San Lourenzo en Cereixa xa conta con reforzos de 11 voluntarios, procedentes de diferentes puntos de Galicia, Andalucía e País Vasco. Trátase do cuarto campo de voluntariado que ten lugar no castro, financiado pola Xunta de Galicia en colaboración co Concello da Pobra do Brollón. […]
O Castro de San Lourenzo en Cereixa acolle este verán unha nova campaña arqueolóxica con campo de voluntariado

Trala confirmación por parte da Consellería de Xuventude da realización dos campos de voluntariado en Galicia, o Concello da Pobra do Brollón anuncia a continuidade do campo no Castro de San Lourenzo, situado en Cereixa. O campo de voluntariado terá lugar do 2 ao 13 de agosto e está aberto a persoas mozas residentes en […]
