982 430 001

Citizen attention

A XXXII Feira do Viño de Vilachá celébrase o 2, 3 e 4 de maio

A primeira fin de semana de maio celébrase a edición número 32 da Feira do Viño de Vilachá. Será no conxunto de adegas medievais da Abelaira, parroquia de Vilachá de Salvadur, concello da Pobra do Brollón. Nesta edición participan as adegas Adega Vella, Bico de Lagar, Casa do Curuxo, Sernande e Tolo do Xisto. Tamén […]

Concerto de Caldo e máis cultura esta fin de semana

Esta fin de semana volve cargada de actividade en terras guímaras con diversos eventos, tras a suspensión provocada polos lumes. O venres pasado estaba previsto un concerto do trío Caldo que tivo que ser adiado debido ao incendio forestal. Finalmente, terá lugar este venres 29 a partir das 20:30 no Bar-Restaurante A Mesa dos Catro Cabaleiros, […]

Noite de lúa chea nas adegas de Vilachá este mércores

A iniciativa ‘El Camino Creativo – Xacobeo 21.22 Emprende’ organiza para este mércores 13 unha noite de lendas, poesía e música no conxunto de adegas medievais de Vilachá de Salvadur.  A partir das 22:30 e baixo a lúa chea haberá poesía a cargo de Iago López Enríquez, música cos gaiteiros Javier Franco e Nadia Vázquez, […]

O FanCine de Lemos chega a Vilachá

A Pobra do Brollón, e concretamente o conxunto de adegas de Vilachá, será escenario por primeira vez do FanCine de Lemos, festival de cine fantástico da Terra de Lemos. Este venres 8 de xullo acollemos unha tarde-noite arredor de videoxogos e cine fantástico, onde non van faltar o viño e a troula (como non!). Ademais […]

O carbono 14 indica que os restos humanos de Os Conventos en Vilachá son do século X

Os ósos apareceron en maio nunha escavación arqueolóxica en Vilachá de Salvadur, no marco do proxecto Adegas da Memoria. O resultado da datación é moi interesante para comprender as orixes e evolución histórica da Ribeira Sacra.  Os resultados da datación presentáronse o pasado venres 29 de novembro nun acto na Casa da Cultura da Pobra […]