982 430 001

Citizen attention

Volve a Feira do Viño de Vilachá reivindicando a calidade da uva

Adegas e colleiteiros participantes Actuacións musicais Horarios e transporte Charla-Cata con Juanjo Figueroa A Pobra do Brollón recupera a Feira do Viño de Vilachá reivindicando a calidade da uva, tras un parón de dous anos provocado pola pandemia. Trátase da edición número 29 e celebrarase os días 7 e 8 de maio. Coma sempre, a […]

Visitas guiadas e experiencias de viño esta Semana Santa na ribeira guímara

O Concello da Pobra do Brollón presenta o seu programa turístico para esta Semana Santa baixo o lema ‘Coñece a ribeira guímara, a Ribeira Sacra auténtica’. Do 11 ao 18 de abril, ofrécense dúas visitas guiadas a elixir, que se poden combinar con dúas ‘experiencias de viño’ en diferentes puntos da parroquia de Vilachá de […]

En vigor unha nova ordenanza para a creación de furanchos na Pobra do Brollón

Dende o primeiro día deste mes de xaneiro, está en vigor unha ordenanza para regular a apertura de furanchos no municipio da Pobra do Brollón.  Os furanchos son establecementos para a venta de excedente de viño e a súa apertura está regulada por unha lei autonómica que impón unha serie de condicións. Ademais desta lei […]

Presentamos ‘Palabras Molladas’: charlas arqueolóxicas maridadas con viño de Vilachá

O proxecto Adegas da Memoria e o Concello da Pobra do Brollón organiza ‘Palabras Molladas’, unha serie de charlas sobre arqueoloxía, acompañadas de viños de Vilachá de Salvadur con D.O. Ribeira Sacra. Trátase dunha actividade concibida en paralelo á campaña arqueolóxica actualmente en marcha no lugar de Os Conventos, na parroquia guímara de Vilachá.  A […]

Visitas guiadas verán 2020: Deseña o teu percorrido

Presentamos a nosa oferta de visitas guiadas gratuítas para este verán na Guimaralia. Trátase dun programa modular de visitas para que as persoas interesadas deseñen o seu propio percorrido. As visitas ofrécense dende o sábado 18 de xullo ao domingo 16 de agosto, tódolos días excepto luns. Polas mañás entre semana presentamos a oportunidade única […]

Confírmase a segunda campaña de escavación en Os Conventos, Vilachá de Salvadur

Un equipo multidisciplinar realizará a partir da segunda quincena de xullo unha campaña arqueolóxica no lugar de Os Conventos, en Vilachá de Salvadur, A Pobra do Brollón. Trátase da segunda escavación neste lugar, trala primeira campaña que realizouse con éxito na primavera de 2019. A intervención está enmarcada no proxecto etnoarqueolóxico Adegas da Memoria, que […]