Memory Workshops for Active Aging Begin

Hoxe comeza o Taller de Memoria na Casa da Cultura ‘Olga Novo’, froito da colaboración entre o Concello da Pobra do Brollón e Afamon (Asociación familiares enfermos alzhéimer Monforte). A actividade está dirixida a persoas maiores de 50 anos, co obxectivo de fomentar o envellecemento activo ofrecendo novos ámbitos para a aprendizaxe e a socialización. […]
O 11 de xullo a Garda Civil dará unha charla sobre seguridade cidadá

O xoves 11 de xullo ás 12:00 horas na Casa da Cultura ‘Olga Novo’, efectivos da Garda Civil darán unha charla dirixida á prevención e mellora da seguridade cidadá. A charla enmárcase no “Plan Maior Seguridade”.
Volve o programa ‘Coidados porta a porta’ do 15 ao 20 de setembro

‘Coidados porta a porta’ é un programa da Consellería de Política Social para ofrecer consultas gratuítas de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria a maiores de 55 anos, para a prevención da dependencia. Para ofrecer o servizo, instalarase un bus varios días na área recreativa Samugueiros, A Pobra do Brollón, con profesionais de cada especialidade. O bus estará os […]
O orzamento para o Centro de Atención a Maiores da Pobra do Brollón incrementa en 756 mil euros

Hoxe aprobouse no pleno provincial unha modificación orzamentaria para ampliar en 756 mil euros o orzamento para a construción do Centro de Atención a Maiores da Pobra do Brollón, no marco do convenio asinado entre o Concello e a Deputación de Lugo. O alcalde Xosé Lois Maceda acudiu ao Pleno provincial esta mañá acompañado da […]
