Sobes ao autobús do teatro? Nova saída o 9 de outubro

Novamente, a veciñanza da Pobra do Brollón poderá desfrutar de transporte gratuíto e entrada reducida para ver unha produción do Centro Dramático Galego en Santiago de Compostela. Trátase da obra A serie clopen e será o xoves 9 de outubro. O espectáculo é a nova produción do CDG, dirixida por Pablo Reboleiro. A serie clopen combina acrobacias […]
Conmemoramos o Ano Castelao con teatro e unha exposición

Na conmemoración do 75 cabodano de Castelao, o Concello da Pobra do Brollón acolle unha exposición e unha obra teatral sobre a obra dun dos intelectuais galegos máis influentes, grazas a unha colaboración coa área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. A exposición ‘Sempre en Galiza. 1944-2024’ é unha mostra dedicada á obra […]
Obradoiro de teatro para preparar a representación da revolta da Feira Guímara

Dende o Concello da Pobra do Brollón ofrecemos durante o mes de xuño un obradoiro de teatro para a rapazada de 12 a 16 anos. Será a cargo de Noa Moreira coa idea de preparar a representación da revolta guímara que se realiza na Feira Guímara, a celebrar o sábado 12 de xullo. A representación […]
Sobes ao autobús do teatro?

A veciñanza da Pobra do Brollón poderá desfrutar de transporte gratuíto para ver a obra teatral A burra, a mesa e o pau, o vindeiro 7 de marzo no Salón Teatro de Santiago de Compostela. A obra trátase da primeira produción propia do Centro Dramático Galego da tempada 2024-25, dirixida por Lorena Conde e cun elenco […]
Fin de semana de foliada, festa e teatro na Pobra do Brollón

Comeza unha fin de semana na Pobra do Brollón cunha intensa actividade cultural e festiva. A programación arranca este venres 26 cunha ‘foliada guímara’ na parroquia de Eixón. Aproveitando o patrón da parroquia, San Xurxo, será unha foliada con temática literaria na que se anima aos asistentes a levar algún libro de segunda man para […]
Teatro ambulante polas parroquias con Merche Pérez

Todos os sábados de novembro, o obradoiro de teatro con Merche Pérez Mundo Rural Mundo Cultural inicia con entusiasmo a súa primeira viaxe para achegar o teatro ás asociacións veciñais e parroquias do Concello da Pobra do Brollón. Realizarase un pequeno obradoiro de teatro dirixido a todas aquelas persoas maiores de 18 anos que sintan a curiosidade de […]
Merendas Teatrais os sábados 14 e 28 de outubro

Os sábados 14 e 28 de outubro, dende o obradoiro de teatro con Merche Pérez, convidan a participar nunhas Merendas Teatrais. Serán de 16:00 a 18:00 no anfiteatro da área recreativa Samugueiros, ou en caso de chuvia, no pavillón municipal da Pobra do Brollón. Unha iniciativa aberta para que familias, amizades e veciñanza poidan gozar do […]
Un novo obradoiro de teatro con Merche Pérez comezará en setembro

Queres mergullarte no mundo do teatro? Xa está aberto o prazo de matrícula no novo obradoiro de teatro para a mocidade con Merche Pérez. O obradoiro terá lugar os luns e mércores dende o 4 de setembro ata o 20 de decembro, co seguinte horario: Grupo Educación Infantil (de 4 a 6 anos): De 16:00 […]
Aberto o prazo de inscrición no obradoiro de teatro de agosto

No mes de agosto volve o curso de teatro con Merche Pérez, desta volta cunh nova proposta integradora onde as nenas e nenos e as persoas maiores do Centro de Día da Pobra do Brollón, gozarán do xogo teatral e compartirán unha experiencia de vida lúdica, afectiva e creadora. O obradoiro está dirixido a nenas […]
Comeza un curso de teatro para a mocidade a partir do 3 de abril

O luns 3 de abril comeza na Pobra do Brollón un curso de teatro para a mocidade de entre 3 e 17 anos. De carácter gratuíto, o obxectivo do curso é aproximar as e os participantes ao mundo do teatro a partir do xogo dramático. As clases impartiranse ao longo do ano na Casa da Cultura ‘Olga […]
