Información sobre o Servizo de Atención Temperá para familias residentes na Pobra do Brollón

Esta semana tivo lugar na nosa Casa da Cultura unha reunión informativa para pais e nais co psicólogo e a terapeuta ocupacional do Servizo de Atención Temperá. Este servizo serve para identificar, previr e actuar sobre os trastornos no desenvolvemento en nenos e nenas de 0 a 6 anos de idade. Aínda que a Unidade de Atención […]
Aprendendo a autocoidarse co Centro de Día

Coidar da nosa saúde e recuperar bos hábitos é máis importante que nunca nestes tempos de post-confinamento e convivencia co covid. Esta semana, profesionais do Centro de Día da Pobra do Brollón ofreceron na Casa da Cultura un obradoiro con claves para aumentar o noso benestar físico e emocional a través de prácticas de autocoidado. […]
Centro de Día e Concello promoven un obradoiro sobre autocoidado da saúde

O vindeiro mércores 15 terá lugar na Casa da Cultura da Pobra do Brollón unha actividade sobre autocoidado para unha vida máis saudable. Será impartida por profesionais do Centro de Atención a Persoas Maiores (CAPM) da Pobra do Brollón en colaboración co Concello. Diríxese especialmente a persoas maiores, aínda que está aberta a todos os […]
A Pobra do Brollón firma un convenio coa Unidade de Atención Temperá de Quiroga

A Unidade de Atención Temperá, situada en Quiroga, serve para identificar, previr e actuar sobre os trastornos no desenvolvemento que poidan sufrir os nenos e nenas de 0 a 6 anos de idade. O Concello da Pobra do Brollón asinou un convenio coa Unidade para poder ofrecer este servizo aos nenos e nenas residentes no […]
Información sobre a campaña de vacinación antigripal 2020

A campaña de vacinación antigripal do Sergas xa comezou e estará en marcha ata o 31 de decembro. Este ano debido á situación epidemiolóxica a campaña é especialmente importante. O Sergas ampliou os grupos de poboación nos que é particularmente recomendable a vacina (detallamos abaixo). Para pedir a vacina, as persoas deben chamar ao seu […]
