Celebrado o Pleno extraordinario de renuncia do cargo do concelleiro Manuel González Moreira

O pasado sábado 9 de novembro celebrouse na Casa do Concello da Pobra do Brollón un Pleno extraordinario de renuncia do cargo do concelleiro Manuel González Moreira. O alcalde Xosé Lois Maceda agradeceulle a Moreira o seu traballo de case 18 anos desempeñando unha tarefa pública, a súa honestidade e lealtade. O concelleiro Ricardo Rodicio […]
Os Plenos municipais poderanse seguir en vídeo en directo

A cidadanía xa pode seguir en directo os Plenos municipais do Concello da Pobra do Brollón. Hoxe xoves 10 de outubro ás 12:00 terá lugar o primeiro Pleno a emitir en directo. As gravacións dos Plenos estarán dispoñibles para a súa consulta en calquera momento a través da mediateca. Esta iniciativa é unha aposta pola […]
Convócase un Pleno extraordinario o domingo 25 para tratar os recortes de profesorado no CEIP A Pobra do Brollón

O Concello da Pobra do Brollón convoca para este domingo 25 un Pleno extraordinario para tratar os recortes previstos no colexio público para o vindeiro curso escolar. O Pleno celebrarase ás 11:30, antes da manifestación prevista para as 12:00 na área recreativa ‘Samugueiros’. A convocatoria realízase tras a solicitude por parte da ANPA do CEIP […]
Gravación do Pleno extraordinario do xoves 15 de febreiro

Gravación completa do Pleno extraordinario do Concello da Pobra do Brollón celebrado ás 12:30 do xoves 15 de febreiro de 2024.
Celebrado este mediodía o pleno de investidura da corporación municipal

Hoxe ao mediodía celebrouse na Casa do Concello o pleno de investidura no que Xosé Lois Maceda Vilariño recibiu o bastón de mando da alcaldía da Pobra do Brollón. Tamén tomaron posesión os concelleiros do BNG Manuel González Moreira, Ricardo Rodicio González, a concelleira Josefa Rodríguez Rodríguez e Óscar Rivera López. Os concelleiros da oposición […]
A Pobra do Brollón destitúe a Franco como “alcalde honorario perpetuo”

Un pleno extraordinario celebrado na tarde de onte venres 18 de novembro acordou retirar o título de ‘alcalde honorario perpetuo’ da Pobra do Brollón ao ditador Francisco Franco. “Parécenos intolerable que aínda a día de hoxe queden títulos deste tipo para un xenocida, un asasino e un ditador que o único que fixo foi represaliar e asasinar […]
A Pobra do Brollón retirará a Franco o título de “alcalde honorario perpetuo”

Este venres 18 celebrarase unha sesión extraordinaria do Pleno do Concello da Pobra do Brollón para retirar o título de “alcalde honorario perpetuo” ao ditador Francisco Franco. A corporación municipal tomou a decisión nada máis ter constancia do título, tras atopar recentemente a acta que así o certifica dende o ano 1967. No Pleno tamén […]
Sesión extraordinaria do Pleno para retirar o título de ‘alcalde honorario perpetuo’ a Franco

Este venres 18 de novembro ás 20:00 celebrarase unha sesión extraordinaria do Pleno do Concello para retirar o título de “alcalde honorario perpetuo” ao dictador Francisco Franco, unha distinción que se lle concedeu no ano 1967. Na sesión tamén se fará un recoñecemento persoal de quen foi alcalde democrático en funcións no ano 1936, D. Antonio […]
