982 430 001

Citizen attention

Abertas as inscricións nas Tardes de Ludoteca

En outubro comezan as Tardes de Ludoteca, unha iniciativa da oficina de Servizos Sociais do Concello da Pobra do Brollón para facilitar ás familias a conciliación laboal e familiar nas horas posteriores á saída do colexio.   As Tardes de Ludoteca terán lugar nas aulas da Escola de Música municipal, en horario de 15:45 a 17:15.    […]

Volve o Servizo Madrugador@s para facilitar a conciliación no novo curso escolar

O Concello da Pobra do Brollón retoma este martes 8 de setembro o programa de conciliación laboral e familiar para o curso escolar 2025-26. É un servizo totalmente gratuíto para axudar ás familias con nenos e nenas matriculadas no CEIP A Pobra do Brollón salvar as incompatibilidades que se presentan en moitas ocasións no desenvolvemento da vida […]

Abre o prazo de inscricións nas actividades de conciliación de verán

Este verán, dende o Concello da Pobra do Brollón ofrecemos actividades para a cativada de 4 a 16 anos, co obxectivo de facilitar a conciliación laboral e familiar.  As actividades son entre semana dende o 23 de xuño ata o 5 de setembro. De 8:00 a 14:00 horas, ten lugar o Campamento de Verán. Polas […]

Os entrenos do equipo de fútbol sala Guimariños comezarán despois de Semana Santa

Dende a área de Servizos Sociais do Concello da Pobra do Brollón lánzase unha convocatoria para a cativada interesada en formar parte do equipo de fútbol sala Guimariñ@s. Os entrenos comezarán despois de Semana Santa. Os horarios e grupos estableceranse en función das e dos participantes. Para máis información poden contactar nas oficinas de Servizos […]

A Guimaralia máis Corresponsable: Programación para adultos

O programa A Guimaralia máis Corresponsable, ademais de actividades infantís para facilitar a conciliación familiar, tamén contempla actividades formativas e divulgativas para adultos. Abaixo incluímos a relación de actividades da programación para adultos. A primeira actividade prevista dá comezo a un ciclo de ‘charlas pola igualdade’ a cargo da formadora en igualdade, Carmen Abuín. A […]

A Guimaralia máis corresponsable, tamén no verán

O programa de conciliación A Guimaralia máis Corresponsable, continúa ao longo do verán. Dende o 24 de xuño ata o 6 de setembro, ofrécense actividades lúdicas e socioeducativas para nenas e nenos entre 3 e 16 anos: xogos e dinámicas de equipo, arte e manualidades, deporte, animación á lectura e apoio socioeducativo.  O horario das actividades será […]

A Guimaralia máis Corresponsable

‘A Guimaralia máis Corresponsable’, comprende unha ampla oferta de actividades dirixidas a nenas e nenos ata 16 anos co fin de facilitar a conciliación familiar, coa igualdade e a corresponsabilidade entre homes e mulleres no centro. Consulta a oferta de actividades para adultos aquí. O programa está financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade e […]

Comezan as primeiras actividades do programa ‘A Guimaralia máis Corresponsable’

Arranca o programa do Plan Corresponsables na Pobra do Brollón: ‘A Guimaralia máis Corresponsable’, financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade e polo Ministerio de Igualdade.  Haberá unha ampla oferta de actividades dirixidas a nenas e nenos ata 16 anos co fin de facilitar a conciliación familiar, coa igualdade e a corresponsabilidade entre homes e […]