Unha nova edición do Ciclo Mestre Mateo arranca na Pobra do Brollón o 8 de xullo

Volve un ano máis o Ciclo Mestre Mateo á Pobra do Brollón, con 8 longametraxes e 2 sesións de curtametraxes, todas ganadoras ou nominadas na última edición dos Premios Mestre Mateo. A primeira proxección será o vindeiro mércores 8 de xullo ás 20:30 no local social de Pino con Deuses de pedra, longa documental dirixida por […]
O documental ‘A última viaxe do afiador’ proxectarase o sábado 12 na Casa da Cultura

Este sábado 12 de setembro, proxectarase a película documental A última viaxe do Afiador, dirixida por Aitor Rei. A proxección será ás 19:30 na Casa da Cultura ‘Olga Novo’ da Pobra do Brollón. A entrada é gratuíta ata completar aforo. Respectaranse as medidas de hixiene e seguridade recomendadas.
Entrada solidaria para ver ‘O que arde’ este Nadal

O domingo 29 de decembro proxectarase na Pobra do Brollón O que arde, a afamada película de Oliver Laxe, nomeada a catro premios nos próximos Goya. A proxección será na Casa da Cultura ‘Olga Novo’ e haberá dúas sesións, ás 18:00 e ás 20:00. A entrada para ver a película é solidaria: pídese un donativo dun […]
