O Concello Pobra do Brollón recibe unha mini-escavadora e un remolque novos grazas a un convenio coa Vicepresidencia da Deputación de Lugo

O Concello da Pobra do Brollón conta dende esta semana cunha mini-escavadora, un remolque basculante e un martelo rompedor hidraúlico, tras asinar un convenio coa área de Medio Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo para financiar a adquisición. O alcalde da Pobra do Brollón, Xosé Lois Maceda e o Vicepresidente da Deputación de Lugo, […]
Melloras na acústica e na eficiencia enerxética das aulas da Escola municipal de Música

A Escola municipal de Música ‘Samoeiro’ conta agora cunhas aulas con mellor acústica e illamento. Instaláronse nas aulas uns paneis e cortinas absorbentes acústicos para controlar as reverberacións do son que estaban dificultando gravemente a práctica de instrumentos musicais. Por outra banda, renováronse as ventás dotándoas de dobre cristal illante e persianas para eliminar o […]
Plan de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2024-25

O Concello da Pobra do Brollón participou no Plan Marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2024-2025 cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) ao abeiro do Programa de Desenvolvemento rural (PDR) 2014-2020. Dito Plan foi aprobado na resolución do 19 de decembro de 2023 asinada pola directora xeral […]
Plan de mellora de camiños rurais 2023-24

A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural promove na Pobra do Brollón un plan de mellora de camiños municipais para rexenerar o firme existente nas estradas de acceso aos núcelos de O Cabo-Pinel e Salcedo. Todas as actuacións teñen carácter de mellora e mantemento de acordo cos apartado 1.b) e 1.c) do art. 4 do anexo […]
Melloramos a accesibilidade da Casa do Concello

A Casa do Concello da Pobra do Brollón dotouse dun ascensor de baixa velocidade adaptado para persoas con mobilidade reducida. Trátase dunha obra vital para permitir a accesibilidade universal da casa consistorial de acordo coa lei 10/2014. Ata agora a atención a persoas con limitacións de mobilidade realizábase na planta baixa do Concello ao non dispoñer dos medios […]
O Concello da Pobra do Brollón creará un centro da xuventude en cooperación coa Deputación de Lugo

O Concello da Pobra do Brollón e a Deputación de Lugo asinaron a principios de maio un convenio interadministrativo de cooperación para acondicionar a antiga vivenda do conserxe como centro sociocultural da xuventude na anualidade 2023. O proxecto, pendente de licitación, será financiado nun 95% pola Deputación de Lugo e o restante 5% polo Concello […]
A Escola municipal de Música ‘Samoeiro’ estrea novo edificio

A Escola de Música municipal ‘Samoeiro’ da Pobra do Brollón xa conta con nova sede, con tres aulas moi grandes e luminosas para desenvolver a súa actividade, e mais un almacén. A Escola leva quince anos ofertando unha ampla variedade de clases de música e baile a nenos e adultos, veciños na súa maioría na […]
En marcha obras para mellorar os camiños e accesos nas parroquias

Actualmente no Concello da Pobra do Brollón temos en marcha dúas liñas de subvencións principais para mellorar os camiños e accesos nas diferentes parroquias. Por un lado, o Plan de Mellora de Camiños Municipais que concede a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural. Esta liña destinámola entre 2019 e 2020 a camiños en Guariz, Brollón e Castrosante. Aproximadamente […]
