982 430 001

Citizen attention

O CIM Móbil estará novamente na Pobra do Brollón o venres 11 de setembro

O CIM Móbil estará na Pobra do Brollón o venres 11 de setembro para prestar información, asesoramento e acompañamento psicolóxico, social e xurídico en materia de violencia contra as mulleres. O CIM Móbil é un recurso da Xunta para aqueles concellos que actualmente non dispoñan dun Centro de Información á Muller (CIM). Está dirixido a […]

Campamento de conciliación Semana Santa 2026

O Concello da Pobra do Brollón ofrece para esta Semana Santa un campamento infantil para facilitar a conciliación laboral e familiar.  Terá lugar na Biblioteca municipal ‘Antonio Reboiro’ do luns 30 de marzo ao venres 3 de abril e luns 6 de abril, polas mañás en horario de 8:00 a 14:00 horas. Está dirixido a […]

Manifesto 8M: A Pobra do Brollón mira máis alá

Neste 8 de marzo, dende A Pobra do Brollón, alzamos a voz para facer un chamamento á conciencia colectiva: Mira máis alá! Se xulgas polas aparencias ou se as túas ideas sobre a muller rural son clichés, estás a ver unha realidade distorsionada. No rural, a desigualdade ten unha expresión especialmente agravada. Mira máis alá […]

Concentración e manifesto polo 25N

O vindeiro martes 25N ás 12:00h concentrarémonos diante do Concello para ler o manifesto polo Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Dende a Concellaría de Igualdade anímase a achegarse a quen queira e poida para manifestarmos o noso repudio ante calquera tipo de agresión machista.  

Saída a Xinzo de Limia no marco da iniciativa ‘Bancada Feminina’

‘Bancada feminina’ é unha nova iniciativa da Concellaría de Igualdade do Concello da Pobra do Brollón para visibilizar o colectivo feminino do C.D. Brollón.   A primeira acción será este domingo 23 cunha saída a Xinzo de Limia para ver o partido C.D. Brollón – Antela FC B.   É unha actividade aberta, previa reserva […]

Manifesto polo Día do Orgullo

En pleno 2025, Hungría converteuse no primeiro país do mundo democrático en prohibir as marchas do Orgullo, mentres outros países como Polonia ou Bulgaria, continúan coas súas políticas discriminatorias. Tamén no estado español, hai concellos que vetan as bandeiras do arco da vella, poñen trabas a unha educación afectiva e sexual inclusiva e espallan os […]

Curso de defensa persoal feminina

O domingo 11 de maio, terá lugar na Casa da Cultura ‘Olga Novo’ un curso de defensa persoal feminina. O experto de artes marciais e defensa persoal Juan José Martínez impartirá técnicas a aplicar en situacións de risco. Trátase dunha actividade aberta a mulleres. O horario establecerase en función das participantes.  Para máis información e/ou […]

Manifesto polo Día Internacional da Muller

Con motivo do Día Internacional da Muller, este venres ao mediodía concentrámonos diante da Casa do Concello da Pobra do Brollón para a lectura do manifesto na voz da concelleira de Igualdade, Noelia Besteiro: Estou segura de que a veciñanza da Pobra do Brollón camiñamos da man na procura dunhas vidas seguras, dunhas vidas sen […]

A Pobra do Brollón conmemora o Día da Muller con varias actividades o venres 7 de marzo

O Concello da Pobra do Brollón conmemora o Día Internacional da Muller con varias actividades programadas para este venres 7 de marzo. Primeiro terá lugar a concentración e lectura do manifesto diante da Casa do Concello ás 12:00 do mediodía. Despois, ás 13 horas, terá lugar o obradoiro ‘Conectando coa igualdade’, unha actividade dirixida á […]