XXXIII Feira do Viño de Vilachá: Cata con Juanjo Figueroa

Juanjo Figueroa, presidente da Asociación de Sumilleres de Galicia, volve á Feira do Viño de Vilachá para guiar a cata do sábado. Na cata proposta, ‘As nosas ribeiras’, degustaranse 6 viños que expresan, cada un ao seu xeito, a paisaxe de Vilachá a través da súa uva e o saber vitivinícola dos adegueiros e adegueiras. […]
XXXIII Feira do Viño de Vilachá

Do 1 ao 3 de maio de 2026 celebraremos a XXXIII Feira do Viño de Vilachá, nas icónicas adegas medievais da Abelaira (Vilachá de Salvadur, A Pobra do Brollón). Iremos compartindo aquí o programa e toda a información. Programa: Venres 1 de maio (a partir das 16:00) Actuacións de: Os Parrandas – Batukada Tukupá Sábado […]
Seleccionada a proposta gañadora do 2º Concurso de Carteis da Feira do Viño de Vilachá

Anunciamos a proposta gañadora do 2º Concurso de Carteis da Feira do Viño de Vilachá. Tras reunirse o martes 10 para abrir os traballos e valoralos segundo os criterios establecidos nas bases, o xurado seleccionou o cartel ‘Mencía’, presentado por Anna León Orozco. Será o cartel que represente a XXXIII Feira do Viño, que se […]
Convocado o 2º Concurso de Carteis da Feira do Viño de Vilachá

O Concello da Pobra do Brollón convoca o 2º Concurso de Carteis da Feira do Viño de Vilachá. O obxectivo é seleccionar o cartel oficial que anuncie a edición XXXIII da Feira, que se celebrará os días 1, 2 e 3 de maio de 2026. O premio pretende estimular a creatividade das persoas participantes, sendo […]
A XXXII Feira do Viño de Vilachá celébrase o 2, 3 e 4 de maio

A primeira fin de semana de maio celébrase a edición número 32 da Feira do Viño de Vilachá. Será no conxunto de adegas medievais da Abelaira, parroquia de Vilachá de Salvadur, concello da Pobra do Brollón. Nesta edición participan as adegas Adega Vella, Bico de Lagar, Casa do Curuxo, Sernande e Tolo do Xisto. Tamén […]
Anunciamos o deseño gañador do 1º Concurso de Carteis da Feira do Viño de Vilachá

Xa temos cartel gañador do 1º Concurso de Carteis da Feira do Viño de Vilachá. A artista é Carmen Taboada Rodríguez, cun deseño debuxado a man representando os elementos máis icónicos da Feira: as adegas da Abelaira, a música e por suposto, o viño. A gañadora recibirá un premio de 200 euros. Presentáronse ao concurso […]
Concurso de carteis da XXXII Feira do Viño de Vilachá: Información e bases

Consulta as bases do concurso neste enlace. O Concello da Pobra do Brollón convoca o 1º Concurso de Carteis da Feira do Viño de Vilachá. O obxectivo é seleccionar o cartel oficial que anuncie a edición XXXII da Feira, que se celebrará a primeira fin de semana de maio. O premio pretende estimular a creatividade […]
A XXXI Feira do Viño de Vilachá celebrarase a primeira fin de semana de maio

A Feira celebrarase tres días seguidos, dende o venres 3 ata domingo 5 Entre a programación, unha cata musicada e outra das IXP de Galicia A Feira do Viño de Vilachá celebra a súa edición número 31 a primeira fin de semana de maio no conxunto de adegas medievais da Abelaira, parroquia de Vilachá de […]
A Feira do Viño de Vilachá celebra o seu 30 aniversario a primeira fin de semana de maio

Cartel da programación ao completo Información práctica das catas Máis fnformación práctica (transporte, Premio do Público, copas e vasos, Punto Lila) A Feira do Viño de Vilachá, no concello da Pobra do Brollón, celebra a súa trixésima edición do venres 5 ao domingo 7 de maio. Como todos os anos, o lugar de celebración é […]
Feira do Viño de Vilachá: Charla-Cata con Juanjo Figueroa

Dentro da programación da 29 edición da Feira do Viño de Vilachá terá lugar a actividade ‘Espremendo a uva de Vilachá’ co sumiller Juanjo Figueroa, director técnico do Curso Superior de Sumiller Profesional (Instituto Galego do Viño). Trátase dunha charla-cata na que se probarán catro viños: un de colleiteiro, un viño xove e dous de barrica A actividade […]
