982 430 001

Citizen attention

Retómase a actividade da Escola municipal de Música

Dende hoxe luns 15 retomaranse as clases da Escola municipal de Música Samoeiro, incluído as clases dos sábados 20 e 27 de marzo.  A actividade da Escola seguirá con normalidade mentres as restricións sanitarias o permitan.

As clases da Escola de Música Samoeiro comezan a partir deste xoves 5

O novo curso 2020-2021 da Escola municipal de Música arranca o xoves 5 de novembro.  Publicamos abaixo os horarios das materias. Para calquera dúbida poden chamar á Biblioteca municipal no teléfono 982 430 546. As clases serán na Casa da Cultura Olga Novo, excepto as de Baile Tradicional que serán no Pavillón Polideportivo municipal. 

A partir do luns 21 amplíase o horario para matricularse na Escola de Música Samoeiro

A partir do luns 21 de setembro, amplíase o horario de matrícula na Escola de Música Municipal ‘Samoeiro’ para o curso 2020-2021. Ademais do horario de mañá de 11:00 a 13:30, haberá un horario de tarde, de 16:00 a 18:30. O prazo remata o día 28 de setembro, inclusive. Ofrécense as seguintes materias:  baile tradicional percusión tradicional gaita […]

Reintegrarase ao alumnado da Escola municipal de Música parte do pago da matrícula

O alumnado da Escola municipal de Música ‘Samoeiro’ poderá recibir a parte proporcional do pago das clases que se tiveron que suspender a causa do Covid-19. A Escola pechou o 13 de marzo, en canto se activou a situación de emerxencia sanitaria en Galicia. Os e as alumnas poderán pasar polas oficinas do Concello da Pobra do […]

Máis dun centenar de alumnos comezan curso na Escola municipal de Música ‘Samoeiro’

Xa comezou o curso na Escola municipal de Música ‘Samoeiro’ na Pobra do Brollón, con 107 alumnos matriculados nalgunha das oito especialidades ofertadas.  As clases máis populares son as de baile tradicional e percusión (pandeireta, tambor e tamboril), seguidas de coro, música e movemento (para nenos), gaita, acordeón, piano e frauta. Case a metade dos […]

Comeza o ciclo de Foliadas Guímaras

Este venres 11 chega a primeira dun ciclo de foliadas organizado polo Concello da Pobra do Brollón e a Escola municipal de Música ‘Samoeiro’ en colaboración coas diferentes asociacións veciñais do Concello. A primeira Foliada Guímara será o venres a partir das 21:00h na parroquia de Salcedo, concretamente na Casa da Escola. Haberá bebidas e […]

Consulta os horarios da Escola de Música ‘Samoeiro’

A semana do 14 de outubro comezan as clases da Escola municipal de Música ‘Samoeiro’, nas que se ofrecen dez especialidades diferentes. Aquí presentamos os horarios de cada especialidade. Para máis información do grupo ao que pertence cada alumn@, hai que chamar ao 982 430 001 en horario de 09:00 a 14:00 horas de luns a […]