982 430 001

Citizen attention

Un novo Obradoiro Dual de Emprego A Pobra do Brollón, Bóveda e O Incio comezará en xuño para actividades de conservación de montes e xardinaría

A Consellería de Emprego da Xunta acaba de conceder un novo obradoiro dual de nove meses de duración aos Concellos da Pobra do Brollón, Bóveda e O Incio. Terá vinte alumnos-traballadores e unha duración de nove meses. Este taller de emprego recibirá unha subvención de 454.552 euros e contará con vinte alumnos-traballadores, dos cales 13 […]

Publicadas as bases de selección para o Obradoiro dual de Emprego 2024-2025

Informamos de que xa están publicadas as bases de selección para o Obradoiro dual de Emprego ‘Bóveda, O Incio e A Pobra do Brollón’ 2024-2025. Pódense consultar na Sede Electrónica do Concello ou nas oficinas municipais (Avenida de Galicia 50, A Pobra do Brollón). Recordamos que as persoas interesadas en participar, ademais de estar inscritas […]

Información do Obradoiro dual de Emprego 2024-25

O Concello da Pobra do Brollón volverá ser beneficiario da subvención concedida para o Obradoiro dual de Emprego ‘Bóveda, O Incio e A Pobra do Brollón’ 2024-2025. O obxectivo é o mantemento e acondicionamento de xardíns e zonas verdes, incluídas rutas de sendeirismo, no noso municipio.   Xa está aberto o prazo para anotarse no […]

Que futuro queremos para os nosos montes comunais? Xuntanza o martes 21 de maio

No marco do proxecto Comunidades de Emprego e Emprendemento Rural Sostible, o vindeiro 21 de maio ás 18:00h celebrarase unha xuntanza da comunidade de aprendizaxe sobre Comunidades de Montes Veciñais e en Man Común, no Salón de actos da Casa da Cultura ‘Olga Novo’, A Pobra do Brollón. Nela explorarase as oportunidades que teñen as Comunidades de Montes […]

Comeza a edición 2023-24 do Obradoiro de Emprego

Comeza a edición 2023-24 do Obradoiro dual de Emprego. A presentación foi o venres pasado no Incio, concello promotor desta nova edición. Na Pobra do Brollón participarán 7 alumnos e alumnas, que realizarán ao longo dos vindeiros 12 meses actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinaría. O obradoiro de emprego realízase grazas a […]

Obradoiro dual de Emprego 2023-24

O Concello da Pobra do Brollón acaba de ser beneficiario da subvención concedida para o Obradoiro dual de Emprego O Incio, A Pobra do Brollón e Bóveda. A entidade promotora na edición 2023-2024 vai ser o Concello do Incio. No caso do Concello da Pobra do Brollón, as actividades formativas centrarase na especialidade AGAO0108 denominada “Actividades auxiliares en […]

Convocatoria para a creación dunha bolsa de emprego de auxiliares de SAF

Están publicadas as bases para crear unha bolsa de emprego de auxiliares do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) no Concello da Pobra do Brollón. O obxectivo é poder contratar puntualmente para realizar substitucións por ausencias de persoal por incapacidade laboral transitoria, permisos e licenzas. A selección de persoal realízase mediante o sistema de concurso […]

Ofertas de emprego nos Centros de Día da Pobra do Brollón, Monforte e Pantón

O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar abriu dúas ofertas de emprego para os Centros de Día da Pobra do Brollón, Monforte e Pantón.  Búscanse seis xerocultores/xerocultoras e seis PSX (persoal de servizos xerais) para cubrir vacacións, permisos e baixas de enfermidade. Para máis información, poden contactar co Centro de Día da Pobra do Brollón […]

Arranca un novo obradoiro dual de emprego para acondicionar zonas verdes

Comeza unha nova edición do Obradoiro dual de Emprego ‘A Pobra do Brollón, Bóveda e O Incio’. O acto de presentación foi celebrado onte na Casa da Cultura da Pobra do Brollón, o concello promotor da presente edición do obradoiro, tras asinar convenio con Bóveda e O Incio.  Participaron na presentación os alcaldes Xosé Lois Maceda (A Pobra […]