982 430 001

Citizen attention

Como nos afectan as restricións reforzadas que se aplican en Galicia a partir do venres

A partir das 00:00 deste venres 15, entran en vigor restricións reforzadas en toda Galicia para frear os contaxios por Covid-19. Ademais de adiantar en toda Galicia o toque de queda ata as 22:00, aplícanse dous niveis de restricións: nivel medio-alto e nivel máximo. No concello da Pobra do Brollón aplícase o nivel medio-alto. Isto significa, […]

Información de interese con respecto ao Covid-19

Na Pobra do Brollón afortunadamente seguimos sen contaxios por Covid-19. Na última semana, segundo datos do Centro de Saúde, realizáronse 18 PCR, todas con resultado negativo.  De todos xeitos, non debemos baixar a garda. Para este mércores 6 de xaneiro, Día de Reis, lembra que segue vixente o toque de queda entre as 23:00 e […]

En vigor as novas medidas restritivas da Xunta fronte ao COVID-19

A partir da medianoite de hoxe venres 4 xa están en vigor as medidas da Xunta de Galicia fronte ao COVID-19, que aplican limitacións á mobilidade e ás xuntanzas. No concello da Pobra do Brollón, pola baixa incidencia epidemiolóxica, aplícanse as medidas xerais, entre as cales, as reunións sociais seguen limitadas a 6 persoas e os aforos […]

Recomendacións para previr as infeccións por Covid-19 nas matanzas de porcino

Tal e como se constata no estudo dos gromos de Covid-19 producidos en Galicia, o ámbito no que estes se orixinan é predominantemente familiar e social. Tendo en conta que comeza a época das matanzas de porcino, e que estas poden implicar a agrupación nas casas de persoas que, ademais, a miúdo proceden de distintos ámbitos territoriais, a […]

Información sobre as medidas fronte ao Covid-19

Na liña das normas do novo estado de alarma decretado polo Goberno central, lembramos que están permitidas as reunións de ata 6 persoas, e que segue vixente o toque de queda dende as 23:00 ata as 6:00. A partir desta medianoite (do venres 6 ao sábado 7) entrarán en vigor en Galicia novas medidas impostas pola […]

A situación do Covid-19 no noso municipio

Tras recibir información dende o Centro de Saúde dun novo PCR positivo no noso municipio, compareceu o alcalde Xosé Lois Maceda pedindo precaución para evitar novos contaxios. O vídeo da comparecencia pódese visionar abaixo. Segundo datos do Centro de Saúde hai 5 casos de Covid-19 activos na Pobra do Brollón. É unha cifra alta para a nosa poboación, polo […]

Información sobre a campaña de vacinación antigripal 2020

A campaña de vacinación antigripal do Sergas xa comezou e estará en marcha ata o 31 de decembro. Este ano debido á situación epidemiolóxica a campaña é especialmente importante. O Sergas ampliou os grupos de poboación nos que é particularmente recomendable a vacina (detallamos abaixo). Para pedir a vacina, as persoas deben chamar ao seu […]

Medidas preventivas para evitar a propagación da Covid-19 en Galicia

A Xunta establece novas medidas restritivas que xa están en vigor para evitar a propagación da Covid-19 en Galicia. Publicamos abaixo a relación de medidas que atinxen a maior parte da Comunidade Autónoma, incluído A Pobra do Brollón. A Orde do DOG que recolle estas medidas pódese consultar aquí: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/excepcional/2020/20201021/2463/AnuncioC3K1-211020-6_gl.html As medidas máis restritivas específicas de certos concellos pódense […]