Abre o prazo para participar no segundo concurso de carteis da Feira Guímara

O Concello da Pobra do Brollón convoca o segundo concurso de carteis da Feira Guímara co gaio de seleccionar o cartel anunciador da XI Feira Guímara. O concurso pretende estimular a creatividade das persoas participantes sendo o cartel unha peza moi visible en todas as accións de comunicación que se realicen para esta nova edición […]
Seleccionada a proposta gañadora do 2º Concurso de Carteis da Feira do Viño de Vilachá

Anunciamos a proposta gañadora do 2º Concurso de Carteis da Feira do Viño de Vilachá. Tras reunirse o martes 10 para abrir os traballos e valoralos segundo os criterios establecidos nas bases, o xurado seleccionou o cartel ‘Mencía’, presentado por Anna León Orozco. Será o cartel que represente a XXXIII Feira do Viño, que se […]
Anunciamos a proposta gañadora do 1º Concurso de carteis da Feira Guímara

Presentamos o cartel gañador do 1º Concurso de Carteis da Feira Guímara. O artista é Iago López. Veciño de Fornelas, na súa representación da revolta guímara nótase que coñece ben a Feira. O cartel inclúe ademais o lema inspirado pola historia de Lope de Ferreiros, acusado de instigar a sublevación veciñal contra o Conde de […]
Convócase o 1º Concurso de carteis da Feira Guímara

O Concello da Pobra do Brollón convoca a primeira edición do Concurso de carteis da Feira Guímara co gaio de seleccionar o cartel anunciador da X Feira Guímara, que se celebrará o 12 de xullo de 2025. O concurso pretende estimular a creatividade das persoas participantes sendo o cartel unha peza moi visible en todas […]
