982 430 001

Citizen attention

Registration for Christmas Camp is now open

O Campamento de Nadal ofrécese do 22 de decembro 2026 ao 7 de xaneiro 2027 para facilitar a conciliación familiar durante as vacacións escolares. O Campamento ofrece ás crianzas de 3 a 16 anos un espazo de lecer educativo, creativo e inclusivo en horario de 8:00 a 15:00 horas. Realizaranse obradoiros de Nadal, manualidades, xogos […]

Abertas as inscricións nas Tardes de Ludoteca

En outubro comezan as Tardes de Ludoteca, unha iniciativa da oficina de Servizos Sociais do Concello da Pobra do Brollón para facilitar ás familias a conciliación laboal e familiar nas horas posteriores á saída do colexio.   As Tardes de Ludoteca terán lugar nas aulas da Escola de Música municipal, en horario de 15:45 a 17:15.    […]

Volve o Servizo Madrugador@s para facilitar a conciliación no novo curso escolar

O Concello da Pobra do Brollón retoma este martes 8 de setembro o programa de conciliación laboral e familiar para o curso escolar 2025-26. É un servizo totalmente gratuíto para axudar ás familias con nenos e nenas matriculadas no CEIP A Pobra do Brollón salvar as incompatibilidades que se presentan en moitas ocasións no desenvolvemento da vida […]

Abre o prazo de inscrición no Campamento de Verán

O Campamento de Verán busca facilitar a conciliación a familias da Pobra do Brollón. Ofrecerase dende o 22 de xuño ata o 26 de agosto, de luns a venres en horario de 8:00 a 15:00 horas. Poden inscribirse nenos e nenas de 3 a 16 anos. As prazas son limitadas; terán prioridade os cativos e […]

Campamento de conciliación Semana Santa 2026

O Concello da Pobra do Brollón ofrece para esta Semana Santa un campamento infantil para facilitar a conciliación laboral e familiar.  Terá lugar na Biblioteca municipal ‘Antonio Reboiro’ do luns 30 de marzo ao venres 3 de abril e luns 6 de abril, polas mañás en horario de 8:00 a 14:00 horas. Está dirixido a […]

Abre o prazo de inscricións nas actividades de conciliación de verán

Este verán, dende o Concello da Pobra do Brollón ofrecemos actividades para a cativada de 4 a 16 anos, co obxectivo de facilitar a conciliación laboral e familiar.  As actividades son entre semana dende o 23 de xuño ata o 5 de setembro. De 8:00 a 14:00 horas, ten lugar o Campamento de Verán. Polas […]

Campamento de conciliación Semana Santa 2025

O Concello da Pobra do Brollón ofrece esta Semana Santa un campamento infantil para facilitar a conciliación laboral e familiar. O campamento terá lugar na Biblioteca municipal ‘Antonio Reboiro’ do luns 14 ao venres 18 de abril 2025, en horario de 8:00 a 13:30 horas. Poden participar nenas e nenos a partir de 4 anos. […]

Información das actividades de conciliación familiar durante o curso escolar

O Concello da Pobra do Brollón ofrece actividades de conciliación familiar para as crianzas da Pobra do Brollón durante o curso escolar 2024-25. O servizo ofrécese de luns a venres, en horario á saída do colexio de 15:45 a 17:45 horas. As actividades son lúdicas e socioeducativas, incluíndo dous días de actividades deportivas. O servizo […]

O programa de conciliación para o curso escolar 2024-25 comeza o 11 de setembro

O Concello da Pobra do Brollón retoma a partir do mércores 11 de setembro o programa de conciliación laboral e familiar para o curso escolar 2024-25. É un servizo totalmente gratuíto para axudar ás familias do noso concello salvar as incompatibilidades que se presentan en moitas ocasións no desenvolvemento da vida familiar e laboral. Este programa contempla […]