Unha nova edición do Campo de Voluntariado do Castro de San Lourenzo terá lugar do 1 ao 12 de agosto

Volve un ano máis o campo de voluntariado do Castro e Romaría de San Lourenzo, do 1 ao 12 de agosto 2025, financiado pola Xunta de Galicia coa colaboración do Concello da Pobra do Brollón. As persoas participantes apoiarán os traballos arqueolóxicos no castro de San Lourenzo, parroquia de Cereixa, e a organización da Romaría […]
A escavación no Castro de San Lourenzo remata con novo coñecemento sobre o xacemento

O equipo arqueolóxico dirixido por Xurxo Ayán está máis cerca de completar a historia do Castro de San Lourenzo en Cereixa, A Pobra do Brollón, tras rematar a que foi a oitava campaña de escavación no xacemento. A campaña foi promovida pola Asociación Veciñal María Castaña de Cereixa co aval científico do Instituto de Història […]
Comezou o quinto campo de voluntariado no Castro de San Lourenzo

Comezou o campo de voluntariado no Castro de San Lourenzo na parroquia de Cereixa, A Pobra do Brollón. Dende este luns 1 e ata o 12 de agosto, os 11 voluntarios procedentes de diferentes puntos de España e México, apoiarán os labores arqueolóxicos e comunitarios. Trátase do quinto campo de voluntariado que ten lugar no castro, financiado pola Xunta […]
A película ‘María Solinha’ chega a terras de María Castaña

O próximo luns 20 de xullo, estrearase na Pobra do Brollón a película María Solinha, dirixida por Ignacio Vilar. O evento terá lugar na parroquia guímara de Cereixa, o lugar natal de María Castaña. Antes da proxección do filme, presentará o arqueólogo e historiador Xurxo Ayán, tamén natural de Cereixa, quen relacionará as dúas personaxes femininas […]
O Castro de San Lourenzo en Cereixa acolle este verán unha nova campaña arqueolóxica con campo de voluntariado

Trala confirmación por parte da Consellería de Xuventude da realización dos campos de voluntariado en Galicia, o Concello da Pobra do Brollón anuncia a continuidade do campo no Castro de San Lourenzo, situado en Cereixa. O campo de voluntariado terá lugar do 2 ao 13 de agosto e está aberto a persoas mozas residentes en […]
Chega a IV Romaría de San Lourenzo o sábado 10 en Cereixa

Mirar o programa aquí O día de San Lourenzo, o sábado 10 de agosto, a Asociación de Veciños ‘María Castaña’, coa colaboración do Concello da Pobra do Brollón, organiza unha romaría con máis de 12 horas repletas de música e festa no Castro de San Lourenzo, Cereixa. Foron os veciños de Cereixa os que se […]
Comeza a segunda edición do campo de traballo internacional no Castro de San Lourenzo

O equipo de arqueólogos que está a escavar o Castro de San Lourenzo en Cereixa xa conta con reforzos de 14 voluntarios. Son os participantes no segundo campo de traballo que ten lugar no castro e que está financiado pola Xunta de Galicia en colaboración co Concello da Pobra do Brollón. O grupo de voluntarios […]
