982 430 001

Citizen attention

Información sobre o cobro dos recibos de auga

Dende o Concello da Pobra do Brollón, infórmase de que o novo período de cobro dos recibos de consumo de auga é cada 4 meses en lugar de cada 6 meses de cobros anteriores. Proximamente se procederá ao cobro do primeiro período do 2025 correspondente ao consumo de auga dos meses de xaneiro, febreiro, marzo […]

Bando sobre a xestión da biomasa

Dende o Concello da Pobra do Brollón lembramos a toda a veciñanza a importancia de respectar as distancias das plantacións, manter o monte limpo e a responsabilidade de cada quen coas súas propiedades. Entre todas e todos, axudemos á prevención e defensa contra os incendios forestais. E recorda, para dar alarma de lume, chama ao […]

Bando sobre o uso de produtos fitosanitarios

En cumprimento do RD 1311/2012 do 14 de setembro, polo que se establece o marco de actuación para conseguir un uso sostible dos produtos fitosanitarios, o Concello quere lembrar a toda a veciñanza a importancia de respectar o uso de estes produtos a fin de evitar posibles casos de contaminación de solos, augas e danos […]

Bando sobre o censo electoral

O luns 5 de xuño ata o día 12 abre o prazo para consulta e reclamación por non inclusión no censo electoral da Pobra do Brollón. O teléfono para consultar é 982430001, en horario de 9 a 14h.

Bando sobre a xestión da biomasa

En cumprimento da Lei 3/2007, de 9 de abril, de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais en Galicia, da Xunta de Galicia, o concello quere lembrar a toda a veciñanza a importancia de respectar as distancias das plantacións, manter o monte limpo e facernos responsables das nosas propiedades.  A mencionada Lei establece no seu artigo […]

Bando sobre o consumo responsable de auga

Coa chegada da época estival e ante a previsión de escaseza de auga pola falta de choiva rexistrada nos últimos meses, dende o concello, recoméndase un CONSUMO DE AUGA RESPONSABLE co fin de intensificar o aforro do subministro en usos e destinos non prioritarios como regar xardíns, encher piscinas e similares, para axudar a garantir […]

Aviso importante sobre o abastecemento de auga municipal

Informamos aos/ás usuarios/as das poboacións de: Domiz, Tudriz, Lamaigrexa, Recemunde, O Pereiro, Vilar de Peras, Martul, Castroncelos, Piñeiros, Vilarmao, A Estación, Pinel, Cereixa, A Pobra do Brollón, O Brollón, Sto. Adrián, Fornelas, Eixón, Abrence e A Frieira; que debido a unha avaría no subministro de luz na potabilizadora, estamos a ter problemas para subministrar unha […]

Bando sobre a xestión do biomasa

Debido ao alto nivel no índice de risco de incendio é conforme á Lei 3/2007, de 9 de abril, de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais en Galicia, da Xunta de Galicia, o concello quere lembrar a toda a veciñanza a importancia de respectar as distancias das plantacións, manter o monte limpo e facernos […]

Bando sobre o consumo responsable de auga

Tendo conta a época estival na que nos atopamos e en aplicación do disposto na Ordenanza Fiscal nº 2.07ª reguladora da taxa polo subministro de auga, ESTÁ PROHIBIDO: UTILIZAR A AUGA DOS ABASTECEMENTOS MUNICIPAIS PARA REGAR HORTAS, XARDÍNS, ENCHER PISCINAS E SIMILARES, debendo usar a auga exclusivamente para o consumo domiciliario. Toda infracción será sancionada […]