982 430 001

Citizen attention

Escapada á Guimaralia en colaboración co Albergue da Pobra do Brollón

O Concello da Pobra do Brollón colabora co Albergue municipal cunha proposta dunha fin de semana completa para coñecer toda a riqueza cultural, patrimonial e paisaxística do noso municipio. Será dende a tarde do sábado 8 ata a tarde do domingo 9 de xuño. O prezo son 65€ por persoa que inclúe todas as actividades, a […]

O Albergue municipal da Pobra do Brollón cumpre seis meses

O Albergue municipal, situado ao carón do colexio na Avenida de Outeiro, cumpre seis meses dende que abriu a mediados de xullo do ano pasado. Falamos coa concesionaria da xestión, Anabel Alves, para repasar como lles foi, e as súas perspectivas para o 2024. Conta Anabel que dende que abriron, as 36 prazas do albergue tiveron unha […]

Abre o novo albergue municipal da Pobra do Brollón

A Pobra do Brollón xa conta con albergue municipal. A iniciativa xorde como un recurso para peregrinos do Camiño de Inverno, aínda que tamén para turistas e visitantes en xeral.   Trátase dunha iniciativa do Concello da Pobra do Brollón financiada con fondos propios, fondos Agader e da Deputación Provincial de Lugo. Tras acondicionar o espazo […]

O albergue da Pobra do Brollón inaugúrase o sábado 15 de xullo

O albergue da Pobra do Brollón abre as súas portas este sábado 15 de xullo. Está situado no segundo andar do novo edificio multiusos municipal, na Avenida de Outeiro (ao carón do colexio da Pobra do Brollón).  O albergue conta con 36 prazas, dispoñibles tanto para peregrinos do Camiño de Inverno como para turistas e visitantes en xeral. […]

Comunicado en relación ao convenio con Agader para a realización dun albergue

ANTECEDENTES O pasado 10 de xullo de 2020 asinouse un convenio oficial entre o Concello da Pobra do Brollón e Agader para a realización dun albergue.  Mediante este convenio, o Concello da Pobra do Brollón comprometíase á adquisición do solar e edificio a rehabilitar e Agader comprometía un orzamento de 182.137 euros destinados á rehabilitación […]

A Pobra do Brollón comprou un edificio para habilitalo como albergue de peregrinos

O Concello da Pobra do Brollón acaba de adquirir un edificio para acondicionar un albergue de peregrinos. Trala aprobación no pleno municipal o pasado venres da proposta de compra, esta formalizouse a principios desta semana. Os fondos da adquisición proceden dunha subvención da Xunta de Galicia.  O edificio está situado na Praza da Condesa no centro da […]

O concello da Pobra do Brollón conta cun albergue provisional solidario

ACTUALIZACIÓN 2020 Por mor da situación epidemiolóxica actual, o albergue estará pechado ata novo aviso. Poden consultar outras opcións de aloxamento no municipio neste enlace: http://www.concellodapobradobrollon.gal/gl/comer-e-durmir O concello da Pobra do Brollón segue desenvolvendo iniciativas para potenciar e dinamizar os recursos turísticos cos que conta. A última medida é a posta en marcha dun albergue para […]