982 430 001

Citizen attention

Culture

Concerto solidario de Xabier Vizcaíno este sábado 17 na Pobra do Brollón

Xabier Vizcaíno ofrecerá xunto coa súa banda un concerto este sábado 17 ás 20:15 na Casa da Cultura ‘Olga Novo’ na Pobra do Brollón. 

O músico do Incio interpretará temas do seu último traballo ‘Neno de monte’, unha homenaxe ao mundo rural e á lingua galega a través de relatos da tradición oral. 

A entrada é solidaria a través da doazón de produtos non perecedoiros para o banco de alimentos, que serán xestionados pola área de servizos sociais do Concello.

A cantidade orientativa de alimentos por asistente é dun quilo (tipo aceite, conservas de peixe, legumes en conserva, pasta, arroz…), a entregar na porta do concerto.

Este evento forma parte da programación cultural “Animación na rúa” da Área de Cultura da Vicepresidencia Deputación de Lugo.