O Concello organiza catro saídas á praia en xullo e agosto

O Concello da Pobra do Brollón organiza viaxes á praia en catro domingos de xullo e agosto: o 19 de xullo, a Viveiro; o 2 de agosto, a Samil; o domingo 16, a Miño; e o 30 de agosto, a praia América. As saídas son diante do Concello ás 8:00 horas da mañá. Aconséllase levar […]
A Corporación municipal condena o acto vandálico perpetrado contra a Casa do Concello

A Corporación municipal da Pobra do Brollón condena con total firmeza o acto vandálico perpetrado contra a Casa do Concello na noite do pasado luns, no que se realizou unha pintada cunha esvástica na fachada lateral do edificio. Os tres grupos políticos da Corporación –BNG, PSOE e PP– manifestan, de maneira conxunta e unánime, a […]
Déixate Guiar 2026: Visitas guiadas de verán de natureza e arqueoloxía

‘Déixate guiar’ é o programa de visitas guiadas de verán do Concello da Pobra do Brollón, cunha oferta de catro visitas: Penas do Castelo, Cova das Choias, Castro de San Lourenzo e Adegas e Miradoiro de Vilachá. As visitas ofrécense dende o 6 de xullo ao 20 de setembro, nos seguintes horarios: Castro de San Lourenzo: Luns e […]
O Concello Pobra do Brollón recibe unha mini-escavadora e un remolque novos grazas a un convenio coa Vicepresidencia da Deputación de Lugo

O Concello da Pobra do Brollón conta dende esta semana cunha mini-escavadora, un remolque basculante e un martelo rompedor hidraúlico, tras asinar un convenio coa área de Medio Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo para financiar a adquisición. O alcalde da Pobra do Brollón, Xosé Lois Maceda e o Vicepresidente da Deputación de Lugo, […]
O CIM Móbil volve á Pobra do Brollón o xoves 25 de xuño

O CIM Móbil volve á Pobra do Brollón o xoves 25 de xuño para prestar información, asesoramento e acompañamento psicolóxico, social e xurídico en materia de violencia contra as mulleres. O CIM Móbil é un recurso da Xunta para aqueles concellos que actualmente non dispoñan dun Centro de Información á Muller (CIM). Está dirixido a […]
En marcha un novo servizo para incentivar os alugueres

Esta mañá presentouse na Casa da Cultura da Pobra do Brollón o novo Servizo gratuíto para incentivar os alugueres que dende as oficinas de Servizos Sociais se pon en marcha para atraer e fixar poboación no noso concello. Este servizo vén motivado polo incremento na demanda de alugueres así como polo descoñecemento observado sobre dereitos […]
O Obradoiro dual de Emprego A Pobra do Brollón, Bóveda e O Incio comeza hoxe a súa actividade

O Obradoiro dual de Emprego A Pobra do Brollón, Bóveda e O Incio comeza hoxe a súa actividade. O acto de presentación tivo lugar ao mediodía de onte na Casa da Cultura ‘Olga Novo’, na Pobra do Brollón, como concello promotor da presente edición do Obradoiro. Os encargados da presentación foron os representantes políticos dos […]
Convócase unha xuntanza informativa para presentar o novo servizo de mediación de alugueres

Este venres 12 convócase unha xuntanza para informar sobre o novo servizo gratuíto de mediación de alugueres do Concello da Pobra do Brollón. Será ás 10:00 no salón de actos da Casa da Cultura ‘Olga Novo’. O acto é aberto a toda a veciñanza, sendo de especial interese para propietarios e propietarias con interese en […]
Abre o prazo de inscrición no Campamento de Verán

O Campamento de Verán busca facilitar a conciliación a familias da Pobra do Brollón. Ofrecerase dende o 22 de xuño ata o 26 de agosto, de luns a venres en horario de 8:00 a 15:00 horas. Poden inscribirse nenos e nenas de 3 a 16 anos. As prazas son limitadas; terán prioridade os cativos e […]
As oficinas e a Biblioteca municipais pechan este venres 22 por Santa Rita

Infórmase de que as oficinas municipais e a Biblioteca do Concello da Pobra do Brollón permanecerán pechadas este venres 22 de maio con motivo da festivididade de Santa Rita, patroa dos funcionarios da Administración local.
