982 430 001

Citizen attention

Culture

Antom G. Rodrigues presents this Friday a book of essays on the imprint of Galician emigration in Lisbon

Antom Garcia Rodrigues presentará este venres 25 na Pobra do Brollón Espaços afetivos da Galiza na Lisboa atual, editado por Laiovento. Na presentación estará acompañado pola poeta local Noa Moreira. A presentación será ás 20:30 horas na Casa da Cultura ‘Olga Novo’.

A través de fontes históricas e literarias, o libro indaga na pegada de séculos de emigración galega na capital portuguesa. Unha memoria invisibilizada durante moito tempo pero que permanece nos barrios, nos nomes, en tradicións culinarias, festas e en múltiples ámbitos da vida lisboeta actual.

O ensaio percorre estas marcas da memoria galega en Lisboa ao mesmo tempo que procura comprender as circunstancias que levaron a tantas persoas de Galicia a emigrar para a capital portuguesa.

Antom G. Rodrigues (Chantada, 1987) é graduado en Lingua e Literatura Galegas e en Linguas e Literaturas Modernas, con especialización en Lingua Portuguesa e Literaturas Lusófonas na Universidade de Santiago de Compostela. Desenvolve a súa actividade docente no ensino secundario e nas escolas oficiais de idiomas, exercendo anteriormente como lector de galego na Universidade Nova de Lisboa.