ACTUALIZACIÓN martes 16/2
Tras a detección dun novo PCR positivo e as altas da última semana, a cifra actual de casos activos no noso municipio é de 11.
Segundo os últimos datos do Centro de Saúde da Pobra do Brollón recibidos na tarde de onte luns 8, no municipio houbo 3 altas pero 4 novos casos positivos por Covid-19.
Por tanto, temos actualmente un total de 15 casos activos no municipio. Tódalas persoas contaxiadas están en illamento e os seus contactos están en corentena.
Seguiremos informando a medida que teñamos máis datos relevantes.
Insistimos na importancia de seguir as medidas sanitarias en vigor para evitar novos contaxios. Consúltaas ao completo neste enlace.
- Lembra que non está permitido xuntarse con persoas coas que non convivas (agás nas actividades xustificadas – por traballo, para coidar a unha persoa dependente…).
- No caso de entrar en contacto con persoas non convivintes, mantén a distancia, usa a máscara e desinfecta as mans frecuentemente. Procura ventilar espazos pechados adecuadamente.
- Está prohibido saír do municipio, agás para o imprescindible (ir ao traballo, a un centro sanitario ou educativo).





