Os vindeiros días 3, 4 e 5 de maio desprazarase á Pobra do Brollón a Unidade Móbil da ITV para realizar a inspección técnica de vehículos agrícolas.
A Unidade Móbil estará situada na pista que vai ao campo de fútbol e os horarios serán os seguintes:
- Día 3 de maio: de 09:00h a 13:30h e de 15:15 a 18:00h
- Día 4: de 09:00h a 13:30h e de 15:15 a 18:00h
- Día 5: de 09:00h a 13:30h
Pódese solicitar cita previa no teléfono 902309000 ou a través da web www.sycitv.com no apartado cita previa.





