A XIII edición da Xuntanza de Veciñas e Veciños será o 30 de abril

Tras varios anos de parón por mor da crise sanitaria, temos o pracer de comunicarlle que volveremos reunirnos na XIII Xuntanza de Veciñas e Veciños da Pobra do Brollón, que terá lugar o vindeiro domingo 30 de abril de 2023 no Pavillón municipal. Con esta xuntanza propoñemos pasar un día de lecer e convivencia en compañía dos nosos veciños e veciñas guímaros. […]
Curso de seguridade no fogar o 18 de abril na Casa da Cultura

O martes 18 de abril, terá lugar un curso de seguridade no fogar na Casa da Cultura da Pobra do Brollón. Trátase dunha actividade da Escola Galega de Saúde para Cidadáns, dependente do Sergas. O horario será de 17:00 a 21:00, e está dirixido a pacientes, familiares e cidadanía en xeral. No cartel abaixo hai máis detalles […]
