{"id":2775,"date":"2026-07-29T14:02:09","date_gmt":"2026-07-29T12:02:09","guid":{"rendered":"http:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/nova\/a-programacion-estival-arranca-este-venres-cunha-foliada-nas-adegas-de-vilacha\/"},"modified":"2026-09-29T09:35:36","modified_gmt":"2026-09-29T07:35:36","slug":"a-programacion-estival-arranca-este-venres-cunha-foliada-nas-adegas-de-vilacha","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/es\/nova\/a-programacion-estival-arranca-este-venres-cunha-foliada-nas-adegas-de-vilacha\/","title":{"rendered":"A programaci\u00f3n estival arranca este venres cunha foliada nas adegas de Vilach\u00e1"},"content":{"rendered":"<ul>\n<li>Esta semana tam\u00e9n se proxecta <em>Sir\u00e2t, <\/em>a multipremiada pel\u00edcula de \u00d3liver Laxe, hoxe m\u00e9rcores 29 dentro do Ciclo Mestre Mateo<\/li>\n<\/ul>\n<p>Unha foliada en Vilach\u00e1 de Salvadur, animada pola agrupaci\u00f3n tradicional Os Ministreles, ser\u00e1 o primeiro gran fito da axenda cultural de ver\u00e1n na Pobra do Broll\u00f3n. Ter\u00e1 lugar este venres 31 de xullo a partir das 20:30 horas no conxunto de adegas medievais da Abelaira. Haber\u00e1 adegas abertas servindo vi\u00f1o e petiscos. A foliada, como todos os eventos da programaci\u00f3n do Concello da Pobra do Broll\u00f3n, \u00e9 de acceso libre e gratu\u00edto.<\/p>\n<p>O evento en Vilach\u00e1 dar\u00e1 paso a unha axenda repleta de propostas culturais. Nas tardes dos m\u00e9rcores 5, 19 e 26 de agosto haber\u00e1 <strong>xogos populares<\/strong> na \u00e1rea recreativa Samugueiros. Calquera persoa pode achegarse entre as 17:30 e as 20:30 para participar en xogos tradicionais como a chave, a tira-soga, os bolos celtas ou a petanca.<\/p>\n<p>As tres tardes de m\u00e9rcores en Samugueiros rematar\u00e1n con espect\u00e1culo: o d\u00eda 5, cun concerto do cantautor punk <strong>O Leo i Arremec\u00e1ghona <\/strong>dentro da s\u00faa xira de &#8216;Unha lapa lene&#8217;; o m\u00e9rcores 19, o d\u00fao <strong>Nico Mao &#038; Mar\u00eda Oxeito<\/strong> interpretar\u00e1 canci\u00f3ns propias e versi\u00f3ns en diferentes estilos musicais usando voz, guitarra e mel\u00f3dica; finalmente, o d\u00eda 26, haber\u00e1 un espect\u00e1culo de maxia de <strong>A Maga Fani<\/strong>. Os tres eventos empezan \u00e1s 21:00 horas.<\/p>\n<p>O teatro tam\u00e9n ten un oco na programaci\u00f3n da Pobra do Broll\u00f3n. Ser\u00e1 o xoves 13 de agosto co espect\u00e1culo <strong><em>&#8216;Movendo os marcos&#8217;<\/em> da agrupaci\u00f3n teatral galega-catal\u00e1 Furafollas<\/strong>. A obra, que comezar\u00e1 \u00e1s 21:00 na Casa da Cultura &#8216;Olga Novo&#8217;, busca &#8216;mover os marcos f\u00edsicos e mentais&#8217;, facendo un repaso en ton ir\u00f3nico da nosa historia desde o s\u00e9culo XX, incidindo no impacto das tecnolox\u00edas dixitais.<\/p>\n<p>Na axenda estival da Pobra do Broll\u00f3n hai ademais d\u00faas datas sinaladas que ano tras ano atraen a veci\u00f1os e visitantes. A primeira, a <strong>Romar\u00eda de San Lourenzo<\/strong> que o 10 de agosto celebra a s\u00faa novena edici\u00f3n no castro de Cereixa, organizada pola Asociaci\u00f3n veci\u00f1al Mar\u00eda Casta\u00f1a. A segunda, a tradicional <strong>Romar\u00eda de San Vitoiro<\/strong>, unha festa con xantar de campo, m\u00fasica e confraternidade que se celebra en Saa o 27 de agosto, sendo ademais festivo local no concello da Pobra do Broll\u00f3n.<\/p>\n<p>A programaci\u00f3n complem\u00e9ntase co<strong> Ciclo Mestre Mateo<\/strong>, unha iniciativa da Academia Galega do Audiovisual grazas \u00e1 cal est\u00e1 a chegar o mellor cine galego actual a diferentes parroquias do municipio nos meses de xullo, agosto e setembro. Este mesmo m\u00e9rcores 29 proxectarase <strong><em>Sir\u00e2t <\/em>de \u00d3liver Laxe<\/strong>, comezando \u00e1s 20:30 horas na Casa da Cultura &#8216;Olga Novo&#8217;. Tam\u00e9n haber\u00e1 outras seis proxecci\u00f3ns repartidas por Cereixa, Canedo, Vilach\u00e1, \u00d3utara, Salcedo e Eix\u00f3n.<\/p>\n<p>Os eventos de ver\u00e1n na Pobra do Broll\u00f3n pechan o domingo 6 de setembro co V Trail e Andaina Capela do San Vitoiro. As inscrici\u00f3ns xa est\u00e1n abertas nas s\u00faas distintas modalidades: trail de 28km e 14 km e andaina de 14 km e 9 km.<\/p>\n<p><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" alt=\"\" height=\"750\" src=\"\/sites\/default\/files\/u57\/Vera%CC%81n%20cultural%202026%281%29_0.png\" width=\"600\" \/><\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Esta semana tam\u00e9n se proxecta Sir\u00e2t, a multipremiada pel\u00edcula de \u00d3liver Laxe, hoxe m\u00e9rcores 29 dentro do Ciclo Mestre Mateo Unha foliada en Vilach\u00e1 de Salvadur, animada pola agrupaci\u00f3n tradicional Os Ministreles, ser\u00e1 o primeiro gran fito da axenda cultural de ver\u00e1n na Pobra do Broll\u00f3n. Ter\u00e1 lugar este venres 31 de xullo a partir [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":2776,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[20],"tags":[977,711,1157],"class_list":["post-2775","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-cultura","tag-axenda","tag-eventos","tag-veran-cultural"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2775","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=2775"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2775\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":3690,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2775\/revisions\/3690"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/2776"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=2775"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=2775"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=2775"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}