{"id":2212,"date":"2023-05-25T10:05:28","date_gmt":"2023-05-25T08:05:28","guid":{"rendered":"http:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/nova\/a-pobra-do-brollon-lanza-unha-programacion-cultural-fortalecida-pola-subvencion-territorio-cultura\/"},"modified":"2026-09-29T09:35:14","modified_gmt":"2026-09-29T07:35:14","slug":"a-pobra-do-brollon-lanza-unha-programacion-cultural-fortalecida-pola-subvencion-territorio-cultura","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/es\/nova\/a-pobra-do-brollon-lanza-unha-programacion-cultural-fortalecida-pola-subvencion-territorio-cultura\/","title":{"rendered":"A Pobra do Broll\u00f3n lanza unha programaci\u00f3n cultural fortalecida pola subvenci\u00f3n Territorio Cultura"},"content":{"rendered":"<p>De aqu\u00ed a setembro, producirase un <strong>sismo cultural na Pobra do Broll\u00f3n<\/strong> con actividades para todos os p\u00fablicos, distintas localizaci\u00f3ns e diversas disciplinas cunha importante presenza de mulleres artistas. \u00c9 unha programaci\u00f3n descentralizada e participativa que mestura\u00a0 actividades xa consolidadas con novas propostas.<\/p>\n<p>A programaci\u00f3n vai encami\u00f1ada a \u2018fortalecer as redes comunitarias e tam\u00e9n incidir no consumo local\u2019 comenta Xos\u00e9 Lois Maceda, alcalde da Pobra do Broll\u00f3n.\u00a0<\/p>\n<p>O rexedor recorda que \u2018a axuda Territorio Cultura con fondos Next Generation, na que quedamos de terceiros clasificados entre 27 concellos, \u00e9 un pulo ao noso xeito de entender a cultura e coloca \u00e1 Pobra do Broll\u00f3n na primeira plana cultural galega.\u2019<\/p>\n<p><strong>Territorio Cultura<\/strong> \u00e9 unha li\u00f1a de subvenci\u00f3ns xestionada pola Xunta de Galicia a trav\u00e9s da Agadic, ao amparo do Mecanismo Europeo de Recuperaci\u00f3n e Resiliencia dos Fondos Next Generation<\/p>\n<p><strong><em>Vellos co\u00f1ecidos<\/em><\/strong><\/p>\n<p>A programaci\u00f3n incl\u00fae actividades que xa se vi\u00f1an desenvolvendo na acci\u00f3n cultural gu\u00edmara como son as \u2018<strong>foliadas gu\u00edmaras\u2019<\/strong>\u00a0das que haber\u00e1 unha o 23 de xu\u00f1o en Abrence, outra o 5 de agosto en Eix\u00f3n e d\u00faas m\u00e1is, os d\u00edas 14 de xullo e 30 de agosto, a\u00ednda por determinar que se suman \u00e1s xa realizadas no presente 2023.<\/p>\n<p>Tam\u00e9n continuar\u00e1n os \u2018<strong>Xoves culturais<\/strong>\u00a0(que non sempre son xoves)\u2019 cunha conversa o d\u00eda 29 de xu\u00f1o entre as poetas Olga Novo e Mar\u00eda S\u00e1nchez acerca da po\u00e9tica do abandono da aldea e o papel da muller no mundo rural. O xoves 6 de xullo Emilio R\u00faa dar\u00e1 un concerto \u00edntimo, ao que seguir\u00e1n actividades por determinar nos vindeiros xoves.\u00a0\u00a0<\/p>\n<p>O\u00a0<strong>Ciclo Mestre Mateo\u00a0<\/strong>tam\u00e9n volve a terras gu\u00edmaras coa proxecci\u00f3n de\u00a0<em>Life is Life<\/em>\u00a0o d\u00eda 18 de xu\u00f1o e o filme de animaci\u00f3n\u00a0<em>Valentina\u00a0<\/em>o 2 de xullo. O ciclo continuar\u00e1 a partir de setembro. F\u00f3ra do Ciclo, tam\u00e9n est\u00e1 prevista a proxecci\u00f3n de\u00a0<strong><em>O \u00faltimo de Arganeo<\/em>\u00a0<\/strong>do chantadino David V\u00e1zquez o 25 de xu\u00f1o.\u00a0<\/p>\n<p>Asemade contin\u00faan os\u00a0<strong>obradoiros de brindos<\/strong>\u00a0iniciados este ano a trav\u00e9s da achega Territorio Cultura. Os seguintes ser\u00e1n o d\u00eda 3 de xu\u00f1o no Furancho O Currio e 4 de agosto na Parrillada O Fog\u00f3n. Os obradoiros ter\u00e1n continuidade o resto do ano nos outros establecementos do municipio.<\/p>\n<p><strong><em>Grandes novidades<\/em><\/strong><\/p>\n<p>O brindo ter\u00e1 tam\u00e9n un gran protagonismo nunha das grandes novidades como \u00e9 o\u00a0<strong>\u2018Brindadeira. Festival de improvisaci\u00f3n oral\u2019\u00a0<\/strong>que ter\u00e1 lugar a fin de semana do 22 e 23 de xullo na parroquia de Ferreiros, onde se sit\u00faa Forgas, aldea dos \u00faltimos brindeiros.<\/p>\n<p>O festival ter\u00e1 obradoiros, mostras, mesas redondas, presentaci\u00f3ns de libros, andainas e concertos e ademais do brindo haber\u00e1 presenza do\u00a0<em>free style<\/em>, o bertsolarismo de Euskal Herria e a regueifa, con cabida por suposto para a m\u00fasica tradicional e o romance.<\/p>\n<p>Outra das novidades \u00e9 o\u00a0<strong>\u2018Ciclo Novas M\u00fasicas Galegas\u2019<\/strong>\u00a0onde se dar\u00e1 presenza a propostas novas e femininas do panorama musical galego. Catuxa Salom ser\u00e1 a encargada de abrir o ciclo o d\u00eda 1 de xullo cos seus ritmos galaico-latinos. Ser\u00e1 seguida de Faia que traer\u00e1 a s\u00faa m\u00fasica delicada e intimista o d\u00eda 16 de xullo. Xa en agosto ser\u00e1 a quenda de Su Garrido o d\u00eda 14 de agosto, para que o 17 sexa Mounqup a encargada de pechar coa s\u00faa elegante proposta de base electr\u00f3nica.<\/p>\n<p><strong><em>Eventos en espazos patrimoniais<\/em><\/strong><\/p>\n<p>Dende a programaci\u00f3n sempre se buscan localizaci\u00f3ns que descentralicen a oferta cultural, mais hai d\u00faas actividades que se desenvolver\u00e1n en lugares destacados. A\u00a0<strong>romar\u00eda do Castro de San Lourenzo<\/strong>, o d\u00eda 10 de agosto, \u00e9 unha delas e este ano contar\u00e1 con dotaci\u00f3n da subvenci\u00f3n Territorio Cultura.<\/p>\n<p>Asemade, unha actividade musical e audiovisual ter\u00e1 lugar no espazo das adegas medievais de Vilach\u00e1 o s\u00e1bado 29 de xullo no marco do Festival 17\u00ba Ribeira Sacra.<\/p>\n<p>Ademais, o s\u00e1bado 17 de xu\u00f1o outra actividade ter\u00e1 lugar nese mesmo espazo no marco do proxecto \u2018Lugares Vivos\u2019, pertencente \u00e1 li\u00f1a de activaci\u00f3n cultural en zonas non urbanas Territorio Cultura.<\/p>\n<p><strong><em>A\u00ednda m\u00e1is actividades<\/em><\/strong><\/p>\n<p>Outros eventos que se realizar\u00e1n este ano ser\u00e1n a II Convivencia Po\u00e9tica do Furancho O Currio que contar\u00e1 cun verm\u00fa art\u00edstico o d\u00eda 4 de xu\u00f1o, promovido polo propio furancho; o concerto de Davide Salvado o d\u00eda 10 de xu\u00f1o co financiamento de Vicepresidencia da Deputaci\u00f3n de Lugo ou a celebraci\u00f3n do Orgullo LGTBI+ \u2018Terras diversas: Orgulho na Terra de Lemos\u2019 organizado con Sete Outeiros, o venres 30 de xu\u00f1o.<\/p>\n<p>El\u00a0<strong>mercados circulares<\/strong>, iniciativa xurdida o ano pasado, volver\u00e1n o 11 de xu\u00f1o d\u00eda de feira, para seguir todo o ver\u00e1n. O 25 de xu\u00f1o, no marco destes mercados ter\u00e1 lugar o espect\u00e1culo de r\u00faa\u00a0<em>Jano sen Medidas\u00a0<\/em>para p\u00fablico familiar.<\/p>\n<p>Ao longo do ver\u00e1n haber\u00e1 tam\u00e9n unha serie de obradoiros infant\u00eds matutinos, para estender a programaci\u00f3n aos m\u00e1is pequenos.<\/p>\n<p>A maiores, a Semana Cultural de Salcedo contar\u00e1 con actividades tam\u00e9n financiadas a trav\u00e9s da subvenci\u00f3n Territorio Cultura.<\/p>\n<p><strong><em>Os cl\u00e1sicos da Guimaralia<\/em><\/strong><\/p>\n<p>As datas das grandes actividades estivais da Pobra do Broll\u00f3n est\u00e1n xa tam\u00e9n marcadas. Neste sentido, a Feira Gu\u00edmara ser\u00e1 o pr\u00f3ximo s\u00e1bado 8 de xullo, a Romar\u00eda do San Vitoiro a fin de semana do 26 e 27 de agosto e xa como peche do ver\u00e1n, o Festival das Cores do Outono a fin de semana do 23 e 24 de setembro.<\/p>\n<p><strong><em>Para non perderse<\/em><\/strong><\/p>\n<p>A xeito de gu\u00eda e para ir reservando as datas, o Concello da Pobra do Broll\u00f3n publica un cartel con todas as actividades. Ademais, ir\u00e1 publicando a informaci\u00f3n individualizada dos eventos a medida que se vaian achegando e por\u00e1 a disposici\u00f3n da veci\u00f1anza un <u><a href=\"http:\/\/www.concellodapobradobrollon.gal\/gl\/axenda\" target=\"_blank\">calendario dixital <\/a><\/u>na s\u00faa web para poder ir consultado estas e novas actividades que poidan xurdir.<\/p>\n<p><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" alt=\"\" height=\"781\" src=\"\/sites\/default\/files\/u57\/Accion-Cultural-Guimaralia-1.png\" width=\"550\" \/><img decoding=\"async\" alt=\"\" height=\"780\" src=\"\/sites\/default\/files\/u57\/Accion-cultural-Guimaralia-2.png\" width=\"550\" \/><\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>De aqu\u00ed a setembro, producirase un sismo cultural na Pobra do Broll\u00f3n con actividades para todos os p\u00fablicos, distintas localizaci\u00f3ns e diversas disciplinas cunha importante presenza de mulleres artistas. \u00c9 unha programaci\u00f3n descentralizada e participativa que mestura\u00a0 actividades xa consolidadas con novas propostas. A programaci\u00f3n vai encami\u00f1ada a \u2018fortalecer as redes comunitarias e tam\u00e9n incidir [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":2213,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[20],"tags":[977,711,1025],"class_list":["post-2212","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-cultura","tag-axenda","tag-eventos","tag-territorio-cultura"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2212","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=2212"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2212\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":3408,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2212\/revisions\/3408"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/2213"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=2212"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=2212"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=2212"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}