{"id":2196,"date":"2023-04-26T13:44:06","date_gmt":"2023-04-26T11:44:06","guid":{"rendered":"http:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/nova\/a-feira-do-vino-de-vilacha-celebra-o-seu-30-aniversario-a-primeira-fin-de-semana-de-maio\/"},"modified":"2026-09-29T09:35:14","modified_gmt":"2026-09-29T07:35:14","slug":"a-feira-do-vino-de-vilacha-celebra-o-seu-30-aniversario-a-primeira-fin-de-semana-de-maio","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/es\/nova\/a-feira-do-vino-de-vilacha-celebra-o-seu-30-aniversario-a-primeira-fin-de-semana-de-maio\/","title":{"rendered":"A Feira do Vi\u00f1o de Vilach\u00e1 celebra o seu 30 aniversario a primeira fin de semana de maio"},"content":{"rendered":"<ul>\n<li><u><a href=\"\/sites\/default\/files\/u57\/cartel_programa_feira-vilacha.png\" target=\"_blank\">Cartel da programaci\u00f3n ao completo<\/a><\/u><\/li>\n<li><u><a href=\"\/sites\/default\/files\/u57\/30-feira-vilacha-catas.png\" target=\"_blank\">Informaci\u00f3n pr\u00e1ctica das catas<\/a><\/u><\/li>\n<li><u><a href=\"\/sites\/default\/files\/u57\/30-feira-vilacha-transporte-e-mais.png\" target=\"_blank\">M\u00e1is fnformaci\u00f3n pr\u00e1ctica (transporte, Premio do P\u00fablico, copas e vasos, Punto Lila)<\/a><\/u><\/li>\n<\/ul>\n<p>A Feira do Vi\u00f1o de Vilach\u00e1, no concello da Pobra do Broll\u00f3n, celebra a s\u00faa trix\u00e9sima edici\u00f3n<strong> do venres 5 ao domingo 7 de maio<\/strong>. Como todos os anos, o lugar de celebraci\u00f3n \u00e9 no conxunto de adegas medievais da Abelaira, parroquia de Vilach\u00e1 de Salvadur.\u00a0<\/p>\n<p>Entre as innovaci\u00f3ns deste ano, haber\u00e1 un ser\u00e1n m\u00e1is de festa, o venres 5. Tam\u00e9n se instalar\u00e1 ao longo da Feira un Punto Lila a cargo da asociaci\u00f3n Femforte en colaboraci\u00f3n coa \u00e1rea de Servizos Sociais do Concello da Pobra do Broll\u00f3n.<\/p>\n<p>Mant\u00e9\u00f1ense as novidades incorporadas na edici\u00f3n do ano pasado co obxectivo de aumentar o perfil enol\u00f3xico da oferta vin\u00edcola. Entre as innovaci\u00f3ns, a creaci\u00f3n de dous circu\u00edtos, un de colleiteiros e outro de adegas. Nesta li\u00f1a, o cartel da 30 edici\u00f3n representa un brinde entre estes dous xeitos de facer vi\u00f1o.\u00a0<\/p>\n<p>As propostas do\u00a0<strong>\u201ccircu\u00edto adegas\u201d\u00a0<\/strong>poden estar radicadas ou non no Concello, pero si deben posu\u00edr vi\u00f1as na ribeira de Vilach\u00e1. Participar\u00e1n Tolo do Xisto, Bico de Lagar, Val do Frade, Adega Curuxo, Acivro, Adega Sernande e Adega Vella. A maiores, participa a adega Petr\u00f3n, que compra uva en Vilach\u00e1; e nesta edici\u00f3n cr\u00e9ase a figura de \u201cadega convidada\u201d que neste caso ser\u00e1 Malcavada.<\/p>\n<p>O \u201c<strong>circu\u00edto colleiteiros\u201d<\/strong>\u00a0recolle a esencia de Vilach\u00e1, unha ribeira que a\u00ednda conserva un sistema produtivo bastante tradicional. Como o ano pasado, os colleiteiros deber\u00e1n certificar a calidade e seguridade dos vi\u00f1os ofrecidos mediante as correspondentes anal\u00edticas e certificaci\u00f3ns. Participan as adegas Couso, Morales, Jos\u00e9 Rodr\u00edguez L\u00f3pez, Outeiro, Pedro, Os Conventos e Aridas.\u00a0<\/p>\n<p>Os colleiteiros participantes poder\u00e1n optar polo\u00a0<strong>premio do xurado e do p\u00fablico<\/strong>. O s\u00e1bado e domingo haber\u00e1 un posto onde se facilitar\u00e1 aos p\u00fablico as tarxetas de votaci\u00f3n, que deber\u00e1n ir seladas por todos os colleiteiros para poder emitir o voto.\u00a0<\/p>\n<p><a href=\"\/sites\/default\/files\/u57\/cartel_30-feira-vilacha.jpg\" target=\"_blank\"><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" alt=\"\" height=\"594\" src=\"\/sites\/default\/files\/u57\/cartel_30-feira-vilacha.jpg\" width=\"400\" \/><\/a><\/p>\n<p><strong>D\u00faas catas moi especiais e mais unha cata-concurso<\/strong><\/p>\n<p>A programaci\u00f3n desta 30 edici\u00f3n contempla tres catas comentadas. A primeira abre a Feira, o venres \u00e1s 20:00 horas. Ser\u00e1 unha cata itinerante que circula por cinco adegas: Val do Frade, que presenta nova etiqueta; a nova Adega Curuxo, e mais as adegas Tolo do Xisto e Adega Vella. Ser\u00e1n os propios viticultores os que comentar\u00e1n os vi\u00f1os.\u00a0<\/p>\n<p>A segunda cata \u00e9 o s\u00e1bado \u00e1s 12:30, a cargo do en\u00f3logo <strong>Juanjo Figueroa<\/strong> e do t\u00e9cnico en turismo e cultura Xos\u00e9 Gago. Nesta actividade, probaranse varios vi\u00f1os de adegas e colleiteiros, que poden ter presenza na feira ou non. Ser\u00e1 unha cata diferente, cunha perspectiva hol\u00edstica centrada nas persoas e nas paisaxes detr\u00e1s dos vi\u00f1os.\u00a0<\/p>\n<p>Ambas as d\u00faas catas te\u00f1en un prezo de 15\u20ac, que incl\u00fae a copa da organizaci\u00f3n. As prazas son limitadas e <strong>\u00e9 preciso inscrici\u00f3n previa no tel\u00e9fono 650624828<\/strong>.\u00a0<\/p>\n<p>A \u00faltima cata pecha a feira, o domingo \u00e1s 19:00 h. Tr\u00e1tase dunha cata-concurso aberto ao p\u00fablico, no que o xurado probar\u00e1 e comentar\u00e1 os vi\u00f1os do circu\u00edto de colleiteiros para elixir o ga\u00f1ador do premio do xurado.\u00a0<\/p>\n<p><strong>M\u00fasica a mont\u00f3ns<\/strong><\/p>\n<p>Como todos os anos, a m\u00fasica ten unha grande presenza na Feira, comezando polo mesmo preg\u00f3n, que este ano ser\u00e1 a cargo do\u00a0<strong>gaiteiro asturiano Bras Rodrigo<\/strong>. No preg\u00f3n, que ser\u00e1 o domingo \u00e1s 13:00 h, tam\u00e9n participar\u00e1n alumnos da Escola de M\u00fasica Municipal Samoeiro.\u00a0<\/p>\n<p>Ademais, haber\u00e1 unha pequena actuaci\u00f3n das Brindeiras da Guimaralia, con alumnos dos obradoiros de brindos (un xeito de improvisaci\u00f3n oral cantada) que se levan facendo nos \u00faltimos meses na Pobra do Broll\u00f3n.\u00a0\u00a0<\/p>\n<p>As Brindeiras da Guimaralia estar\u00e1n circulando ao longo do domingo xunto con catro\u00a0<strong>grupos de cantos de taberna para animar a feira<\/strong>. Igualmente, o s\u00e1bado haber\u00e1 oito agrupaci\u00f3ns de cantos po\u00f1endo m\u00fasica e festa ao longo da xornada.\u00a0<\/p>\n<p>Outro gran fito musical ser\u00e1 o venres, coa actuaci\u00f3n do consolidado grupo\u00a0<strong>Habelas Hainas\u00a0<\/strong>para animar o ser\u00e1n co seu potente directo.\u00a0<\/p>\n<p><strong>Encher o bandullo non s\u00f3 de vi\u00f1o<\/strong><\/p>\n<p>Haber\u00e1 moitas opci\u00f3ns para que o vi\u00f1o non caia en baleiro. Como todos os anos, instalaranse postos de polbo tanto s\u00e1bado como domingo. Eses dous d\u00edas tam\u00e9n haber\u00e1 unha zona gastro na praci\u00f1a de abaixo, na que se ofrecer\u00e1n pizzas artes\u00e1s e mais propostas variadas de Garden Monforte.\u00a0<\/p>\n<p>A maiores, haber\u00e1 postos variados (embutidos, queixos, xeados&#8230;) e varias adegas levar\u00e1n opci\u00f3ns culinarias. Adega Pedro ter\u00e1 un posto de callos nas noites do venres e do s\u00e1bado. Adega Couso tam\u00e9n ofrecer\u00e1 empanadas \u00e1 venda na mesma adega ao longo da Feira.\u00a0<\/p>\n<p><a id=\"cartel 30 Feira\" name=\"cartel 30 Feira\"><\/a><a href=\"\/sites\/default\/files\/u57\/cartel_programa_feira-vilacha.png\" target=\"_blank\"><img decoding=\"async\" alt=\"\" height=\"1132\" src=\"\/sites\/default\/files\/u57\/cartel_programa_feira-vilacha.png\" width=\"800\" \/><\/a><\/p>\n<p>\u00a0<\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Cartel da programaci\u00f3n ao completo Informaci\u00f3n pr\u00e1ctica das catas M\u00e1is fnformaci\u00f3n pr\u00e1ctica (transporte, Premio do P\u00fablico, copas e vasos, Punto Lila) A Feira do Vi\u00f1o de Vilach\u00e1, no concello da Pobra do Broll\u00f3n, celebra a s\u00faa trix\u00e9sima edici\u00f3n do venres 5 ao domingo 7 de maio. Como todos os anos, o lugar de celebraci\u00f3n \u00e9 [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":2197,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[20],"tags":[1016,946,848],"class_list":["post-2196","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-cultura","tag-feira-do-vino","tag-feira-do-vino-de-vilacha","tag-vilacha-de-salvadur"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2196","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=2196"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2196\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":3400,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2196\/revisions\/3400"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/2197"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=2196"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=2196"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=2196"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}