{"id":2002,"date":"2022-04-13T10:24:50","date_gmt":"2022-04-13T08:24:50","guid":{"rendered":"http:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/nova\/volve-a-feira-do-vino-de-vilacha-reivindicando-a-calidade-da-uva\/"},"modified":"2026-09-29T09:35:05","modified_gmt":"2026-09-29T07:35:05","slug":"volve-a-feira-do-vino-de-vilacha-reivindicando-a-calidade-da-uva","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/es\/nova\/volve-a-feira-do-vino-de-vilacha-reivindicando-a-calidade-da-uva\/","title":{"rendered":"Volve a Feira do Vi\u00f1o de Vilach\u00e1 reivindicando a calidade da uva"},"content":{"rendered":"<ul>\n<li><u><a href=\"\/sites\/default\/files\/u57\/cartel_feira__adegas2.jpg\" target=\"_blank\">Adegas e colleiteiros participantes<\/a><\/u><\/li>\n<li><a href=\"http:\/\/www.concellodapobradobrollon.gal\/sites\/default\/files\/u57\/cartel_feira_musica%20copia.jpg\" target=\"_blank\"><u>Actuaci\u00f3ns musicais<\/u><\/a><\/li>\n<li><a href=\"http:\/\/www.concellodapobradobrollon.gal\/gl\/nova\/feira-do-vi\u00f1o-de-vilach\u00e1-horarios-e-transporte\" target=\"_blank\"><u>Horarios e transporte<\/u><\/a><\/li>\n<li><a href=\"http:\/\/www.concellodapobradobrollon.gal\/gl\/nova\/feira-do-vi\u00f1o-de-vilach\u00e1-cata-con-juanjo-figueroa\" target=\"_blank\"><u>Charla-<\/u><\/a><u><a href=\"http:\/\/www.concellodapobradobrollon.gal\/gl\/nova\/feira-do-vi\u00f1o-de-vilach\u00e1-cata-con-juanjo-figueroa\" target=\"_blank\">Cata con Juanjo Figueroa<\/a><\/u><\/li>\n<\/ul>\n<p>A Pobra do Broll\u00f3n recupera a Feira do Vi\u00f1o de Vilach\u00e1 reivindicando a calidade da uva, tras un par\u00f3n de dous anos provocado pola pandemia.<\/p>\n<p>Tr\u00e1tase da edici\u00f3n n\u00famero 29 e celebrarase os d\u00edas 7 e 8 de maio. Coma sempre, a Feira ter\u00e1 lugar no marco incomparable do conxunto de adegas tradicionais da Abelaira, na parroquia de Vilach\u00e1 de Salvadur.<\/p>\n<p>Nesta edici\u00f3n a organizaci\u00f3n introduce novidades co gallo de mellorar a oferta, garantir a calidade dos vi\u00f1os e\u00a0<strong>aumentar o perfil enol\u00f3xico da mostra sen perder o car\u00e1cter festivo\u00a0<\/strong>que a identifica.\u00a0<\/p>\n<p>\u201cQueremos mellorar a feira mantendo a s\u00faa esencia,\u201d declara o alcalde, Xos\u00e9 Lois Maceda. O obxectivo desta edici\u00f3n renovada \u00e9 \u201csalientar a calidade da nosa uva e os proxectos tan interesantes que est\u00e1n a xurdir na ribeira de Vilach\u00e1,\u201d engade.<\/p>\n<p><strong><em>Vi\u00f1o de colleiteiros e de adegas comerciais<\/em><\/strong><\/p>\n<p>Unha das grandes novidades ser\u00e1 introducir dous circu\u00edtos na Feira: un de colleiteiros e outro de adegas comerciais.\u00a0<\/p>\n<p>As adegas comerciais poden estar radicadas ou non no Concello, pero si deben comprar uva de Vilach\u00e1 ou posu\u00edr vi\u00f1as nesta ribeira. \u201c<strong>As adegas ve\u00f1en mercar a nosa uva porque \u00e9 de gran calidade,<\/strong>\u201d comenta Ricardo Rodicio, concelleiro. \u201cHai adegas que est\u00e1n a levar premios con uvas da nosa ribeira, algo desco\u00f1ecido para moitos veci\u00f1os.\u201d<\/p>\n<p>As adegas comerciais que participar\u00e1n son Adega Vella, Acivro, Tolo do Xisto, Abad\u00eda da Cova, Val do Frade, Bico de Lagar, Ciudaseis e Adega Sernande.<\/p>\n<p>O circu\u00edto dos colleiteiros recolle a esencia de Vilach\u00e1, unha ribeira que a\u00ednda conserva un sistema produtivo bastante tradicional. Este ano,\u00a0<strong>os colleiteiros deber\u00e1n certificar a calidade e seguridade dos vi\u00f1os ofrecidos mediante as correspondentes anal\u00edticas e certificaci\u00f3ns<\/strong>. As adegas que se sometan a este proceso formar\u00e1n parte do circu\u00edto oficial e estar\u00e1n debidamente identificadas de cara aos visitantes da feira.<\/p>\n<p><strong><em>Premios do xurado e do p\u00fablico<\/em><\/strong><\/p>\n<p>Outra gran novidade da presente edici\u00f3n da feira \u00e9 a introduci\u00f3n dun premio de xurado e un do p\u00fablico, ambos para o circu\u00edto de colleiteiros. Para participar no premio do p\u00fablico, os visitantes recoller\u00e1n unhas tarxetas que selar\u00e1n nas adegas de colleiteiro oficiais, e votar\u00e1n polo seu vi\u00f1o favorito, entrando as\u00ed nun sorteo.\u00a0<\/p>\n<p>\u201cIntroducimos os premios para que os colleiteiros saquen os seus mellores vi\u00f1os,\u201d aclara Ricardo Rodicio, \u201ce tam\u00e9n para fomentar que a xente circule por todas as adegas.\u201d<\/p>\n<p>Para o premio de xurado, un xurado profesional avaliar\u00e1 os vi\u00f1os nunha cata que ter\u00e1 lugar o domingo pola tarde.\u00a0<\/p>\n<p><strong><em>Que non falte a m\u00fasica<\/em><\/strong><\/p>\n<p>Como noutros anos,\u00a0<strong>a m\u00fasica ter\u00e1 unha gran presencia na Feira.<\/strong>\u00a0Convidarase aos grupos que \u00edan participar na edici\u00f3n 2021 dos Cantos de Taberna da Pobra do Broll\u00f3n (que se suspendeu pola pandemia). Tam\u00e9n haber\u00e1 unha charanga e algunha outra sorpresa musical.\u00a0<\/p>\n<p>Ao igual que nas edici\u00f3ns anteriores, haber\u00e1 pulpeiras e outros postos de comida e tam\u00e9n de artesan\u00eda. En resumo, a organizaci\u00f3n conta con todos os ingredientes para garantir unha fin de semana festiva, onde beber un bo vi\u00f1o nun ambiente agradable e familiar.<\/p>\n<p><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" alt=\"\" height=\"1200\" src=\"\/sites\/default\/files\/u57\/cartel_feira__adegas2.jpg\" width=\"849\" \/><\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Adegas e colleiteiros participantes Actuaci\u00f3ns musicais Horarios e transporte Charla-Cata con Juanjo Figueroa A Pobra do Broll\u00f3n recupera a Feira do Vi\u00f1o de Vilach\u00e1 reivindicando a calidade da uva, tras un par\u00f3n de dous anos provocado pola pandemia. Tr\u00e1tase da edici\u00f3n n\u00famero 29 e celebrarase os d\u00edas 7 e 8 de maio. Coma sempre, a [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":2003,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[10],"tags":[946,848],"class_list":["post-2002","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-xeral","tag-feira-do-vino-de-vilacha","tag-vilacha-de-salvadur"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2002","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=2002"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2002\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":3303,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2002\/revisions\/3303"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/2003"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=2002"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=2002"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=2002"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}