{"id":1886,"date":"2021-05-07T10:45:12","date_gmt":"2021-05-07T08:45:12","guid":{"rendered":"http:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/nova\/a-pobra-do-brollon-apoia-a-hostaleria-local-con-axudas-economicas-directas-e-un-plan-de-dinamizacion-do-sector\/"},"modified":"2026-09-29T09:35:00","modified_gmt":"2026-09-29T07:35:00","slug":"a-pobra-do-brollon-apoia-a-hostaleria-local-con-axudas-economicas-directas-e-un-plan-de-dinamizacion-do-sector","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/es\/nova\/a-pobra-do-brollon-apoia-a-hostaleria-local-con-axudas-economicas-directas-e-un-plan-de-dinamizacion-do-sector\/","title":{"rendered":"A Pobra do Broll\u00f3n apoia \u00e1 hostaler\u00eda local con axudas econ\u00f3micas directas e un plan de dinamizaci\u00f3n do sector"},"content":{"rendered":"<p>Tras unha reuni\u00f3n celebrada entre membros do equipo de goberno da Pobra do Broll\u00f3n, o t\u00e9cnico de cultura e turismo e os hostaleiros locais, ponse en marcha un plan de axuda \u00e1 hostaler\u00eda, un dos sectores m\u00e1is prexudicados pola pandemia.<\/p>\n<p>O Concello da Pobra do Broll\u00f3n conceder\u00e1\u00a0<strong>axudas econ\u00f3micas directas que os hostaleiros xa poden solicitar ao longo deste mes de maio<\/strong>, e mais programar\u00e1 actividades culturais e de lecer nos propios bares, as\u00ed como un plan de visitas guiadas que atraia turismo ao municipio.<\/p>\n<p>As actividades comezan no presente mes de maio e estenderanse ao longo do ver\u00e1n. Incluir\u00e1n concertos, sesi\u00f3ns de DJ e narraci\u00f3n oral\u00a0<strong>convertendo as terrazas dos bares en espazos culturais<\/strong>.<\/p>\n<p>\u2018A hostaler\u00eda \u00e9 un sector importante para a econom\u00eda local, xa que un bar \u00e9 \u00e1 s\u00faa vez cliente doutros provedores locais, est\u00e1 no eixo da roda econ\u00f3mica,\u2019 sinala Xos\u00e9 Lois Maceda, alcalde da Pobra do Broll\u00f3n.<\/p>\n<p>A achega econ\u00f3mica que concede o Concello da Pobra do Broll\u00f3n ser\u00e1 compatible con outras axudas promovidas por entidades como a Deputaci\u00f3n ou a Xunta. Concederase directamente a cada establecemento hostaleiro que estea aberto neste 2021, e p\u00f3dese solicitar ata o 31 de maio.<\/p>\n<p>Ademais da axuda econ\u00f3mica directa, o Concello reforzar\u00e1 a s\u00faa aposta cultural dos \u00faltimos anos. \u2018Nesta pandemia temos que sacar a cultura \u00e1 r\u00faa, e que mellor que levala \u00e1s terrazas e deste xeito axudar \u00e1 recuperaci\u00f3n do sector,\u2019 comenta Maceda.\u00a0<\/p>\n<p>O t\u00e9cnico de cultura da Pobra do Broll\u00f3n, Xos\u00e9 Gago, sinala ademais que \u2018a pandemia tivo consecuencias tam\u00e9n no comunitario, polo que a trav\u00e9s das actividades queremos crear tam\u00e9n\u00a0<strong>espazos de encontro e socializaci\u00f3n para os veci\u00f1os<\/strong>.\u2019<\/p>\n<p>A maiores dos eventos culturais,\u00a0<strong>desenvolveranse novos proxectos tur\u00edsticos e a oferta de visitas guiadas ser\u00e1 ampliada\u00a0<\/strong>tratando de incentivar que os visitantes consuman nos bares e restaurantes do concello.<\/p>\n<p>As actividades cumprir\u00e1n con todas as normativas vixentes en cada momento. Ser\u00e1n anunciadas a trav\u00e9s da prensa, as\u00ed como das redes sociais e da p\u00e1xina web do Concello.<\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Tras unha reuni\u00f3n celebrada entre membros do equipo de goberno da Pobra do Broll\u00f3n, o t\u00e9cnico de cultura e turismo e os hostaleiros locais, ponse en marcha un plan de axuda \u00e1 hostaler\u00eda, un dos sectores m\u00e1is prexudicados pola pandemia. O Concello da Pobra do Broll\u00f3n conceder\u00e1\u00a0axudas econ\u00f3micas directas que os hostaleiros xa poden solicitar [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":1887,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[10],"tags":[798,855],"class_list":["post-1886","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-xeral","tag-covid-19","tag-hostaleria"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1886","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=1886"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1886\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":3245,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1886\/revisions\/3245"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/1887"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1886"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=1886"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=1886"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}