{"id":1582,"date":"2020-01-31T13:10:40","date_gmt":"2020-01-31T12:10:40","guid":{"rendered":"http:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/nova\/a-pobra-do-brollon-preparase-para-a-celebracion-do-entroido\/"},"modified":"2026-09-29T09:34:47","modified_gmt":"2026-09-29T07:34:47","slug":"a-pobra-do-brollon-preparase-para-a-celebracion-do-entroido","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/es\/nova\/a-pobra-do-brollon-preparase-para-a-celebracion-do-entroido\/","title":{"rendered":"A Pobra do Broll\u00f3n prep\u00e1rase para a celebraci\u00f3n do Entroido"},"content":{"rendered":"<p>O Entroido \u00e9 unha das datas m\u00e1is singulares no calendario de celebraci\u00f3ns na Pobra do Broll\u00f3n. Ten dous focos principais, a propia capitalidade da Pobra e a parroquia de Salcedo, co Oso como gran protagonista.<\/p>\n<p><u><a href=\"#Compadres\">Tras os Xoves de Compadres e Comadres<\/a><\/u>, as celebraci\u00f3ns comezan a tarde do s\u00e1bado 22 de febreiro no centro da Pobra cun\u00a0<strong>desfile de disfraces, comparsas e carrozas<\/strong>, e amenizado por unha charanga. O desfile sae do cruce da estrada de Saa \u00e1s 17:00. Ao remate haber\u00e1 entrega de premios aos mellores dese\u00f1os na Casa da Cultura \u2018Olga Novo\u2019. <u><a href=\"\/es\/sites\/default\/files\/u57\/Premios%20Entroido%202020.pdf\/\" target=\"_blank\">Consulta neste PDF os premios e informaci\u00f3n para participar.<\/a><\/u><\/p>\n<p>A partir da noite do s\u00e1bado, Salcedo pasa a ser o escenario principal do Entroido ata o fin das festas. Com\u00e9zase coas tradicionais\u00a0<strong>funci\u00f3ns de teatro\u00a0<\/strong>nas que participan grupos de teatro afeccionado de nenos e adultos. As s\u00faas obras representaranse a partir das 22:00 no local multiusos de Salcedo. De seguido, haber\u00e1 baile co d\u00fao Sabor Latino.<\/p>\n<p>Ao d\u00eda seguinte, \u00e1s 17:00\u00a0do domingo 23, saen as figuras tradicionais de\u00a0<strong>Madamas e Danzantes\u00a0<\/strong>para percorrer Salcedo cun pasarr\u00faas. Ao remate, \u00e1s 17:30, ser\u00e1 o <strong>preg\u00f3n<\/strong> no local multiusos. M\u00e1is tarde, a partir das 20:00, contin\u00faa no local a festa cun d\u00fao e despois, unha segunda sesi\u00f3n de teatro que rematar\u00e1 en m\u00e1is baile coa orquestra La Ocaband.\u00a0<\/p>\n<p><figure class=\"image\"><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" alt=\"\" height=\"801\" src=\"\/sites\/default\/files\/u57\/madamas-e-danzantes.jpg\" width=\"1200\" \/><br \/>\n<figcaption>Madamas e Danzantes \/ Foto: Felipe Castro<\/figcaption><br \/>\n<\/figure><\/p>\n<p><em>O Oso e o Oso pequeno saen da s\u00faa hibernaci\u00f3n<\/em><\/p>\n<p>A tarde do luns 24 a partir das 17:00 \u00e9 o momento m\u00e1is esperado por moitos, cando <strong>sae\u00a0o Oso da s\u00faa hibernaci\u00f3n para percorrer as r\u00faas de Salcedo\u00a0<\/strong>e, coa axuda dos seus criados, barnar co seu feluxe a quen atope polo cami\u00f1o. Anteriormente, sae o Oso pequeno para ir a polos m\u00e1is novos. A festa do luns remata novamente no local multiusos cunha cea popular e as orquestras Compostela e Principal, todo a partir das 21:00.<\/p>\n<p>O martes 25 a\u00ednda contin\u00faa a festa en Salcedo con animaci\u00f3n para nenos a partir das 18:00 e despois, a partir das 19:00, actuaci\u00f3n da orquestra Los Sat\u00e9lites e paellada popular. Quen asista pode participar no <strong>concurso de disfraces<\/strong>, no que ofreceranse premios en met\u00e1lico por grupos de m\u00e1is de 5 persoas (100\u20ac), parellas (50\u20ac) e individuais (25\u20ac).\u00a0<\/p>\n<p><figure class=\"image\"><img decoding=\"async\" alt=\"\" height=\"800\" src=\"\/sites\/default\/files\/u57\/oso-de-salcedo-criados.jpg\" width=\"1200\" \/><br \/>\n<figcaption>Oso de Salcedo cos seus criados \/ Foto: Felipe Castro<\/figcaption><br \/>\n<\/figure><\/p>\n<p><em><a id=\"Compadres\" name=\"Compadres\"><\/a>Comadres e compadres para quentar motores<\/em><\/p>\n<p>A\u00ednda que moitos veci\u00f1os e veci\u00f1as xa est\u00e1n a ensaiar para o teatro de Salcedo ou a elaborar o seu disfrace, para alg\u00fans pequenos os preparativos da festa comezar\u00e1n o venres 7 de febreiro, cando ten lugar o primeiro\u00a0<strong>obradoiro de compadres, comadres, caretas e disfraces<\/strong>. O obradoiro, dirixido a nenos e nenas, \u00e9 na Casa da Cultura de 17:00 a 18:30 da tarde. No mesmo lugar e \u00e1 mesma hora haber\u00e1 outro obradoiro o venres 14.\u00a0<\/p>\n<p>As figuras que se elaboren nestes dous obradoiros presentaranse ao\u00a0<strong>concurso de comadres e compadres\u00a0<\/strong>que se celebra os xoves 13 e 20 de febreiro con d\u00faas modalidades: individual e colectiva. Para participar hai que inscribirse antes do m\u00e9rcores 12 (compadres) e m\u00e9rcores 19 (comadres).\u00a0<u><a href=\"\/sites\/default\/files\/u57\/Bases-concurso-compadres-comadres-2020.pdf\">Consulta todas as bases do concurso neste PDF.\u00a0<\/a><\/u><\/p>\n<p>As figuras colectivas colocaranse xa pola ma\u00f1\u00e1 no lugar elixido polos participantes: en locais comerciais, asociaci\u00f3ns, no colexio&#8230; As figuras da modalidade individual concentraranse diante do Concello a partir das 18:30 para a s\u00faa valoraci\u00f3n e posterior queima. Ao remate de cada xornada haber\u00e1 unha chocolatada na Casa da Cultura.\u00a0<\/p>\n<p><a href=\"\/es\/sites\/default\/files\/u57\/Entroido%202020%20cuadrado-2.png\/\" target=\"_blank\"><img decoding=\"async\" alt=\"\" height=\"1080\" src=\"\/sites\/default\/files\/u57\/Entroido%202020%20cuadrado-2.png\" width=\"1080\" \/><\/a><\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O Entroido \u00e9 unha das datas m\u00e1is singulares no calendario de celebraci\u00f3ns na Pobra do Broll\u00f3n. Ten dous focos principais, a propia capitalidade da Pobra e a parroquia de Salcedo, co Oso como gran protagonista. Tras os Xoves de Compadres e Comadres, as celebraci\u00f3ns comezan a tarde do s\u00e1bado 22 de febreiro no centro da [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":1583,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[10],"tags":[783,784],"class_list":["post-1582","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-xeral","tag-entroido","tag-oso-de-salcedo"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1582","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=1582"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1582\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":3093,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1582\/revisions\/3093"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/1583"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1582"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=1582"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/nueva.concellodapobradobrollon.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=1582"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}